Miranda: “Os galegos son os grandes embaixadores do Camiño de Santiago en todo o mundo”
Santiago de Compostela (A Coruña), 30 de setembro de 2025. 
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Fernando Eisenberg Bugallo, fundador da Asociación Cultural Galega do Centro Español de Porto Alegre, así como responsable da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS).
A reunión permitiu afondar na colaboración entre estas entidades e a Xunta de Galicia, coñecendo de primeira man o labor que desenvolven a prol da colectividade galega en Brasil e da promoción da cultura xacobea.
	 
Novas relacionadas
 
             
           
               
  		    



