Novas
Buscador
-
Camba agarda que en 2011 o Goberno central sexa máis sensible ás necesidades da diáspora e dos inmigrantes.
27.12.2010
audio
No balance do ano 2010, o secretario xeral da Emigración recorda o mantemento das políticas sociais da Xunta, fronte aos recortes do Goberno de España. Camba reprocha ademais ao Executivo central que non se teña regularizado aos fillos ou netos de emigrantes, nin regulado o voto no exterior. No balance xeral do ano 2010 que está a piques de... Máis información
-
Emigración abriu nas últimas semanas o prazo de solicitude para axudas, a persoas e colectivos, por valor de 5’4 millóns.
27.12.2010
audio
Destes cartos, 1’8 millóns destínanse a entidades galegas no exterior, 2’3 a axudas individuais, 1’3 a concellos e oenegués. A secretaría xeral da Emigración da Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia ao longo dos últimos trinta días as distintas convocatorias de axudas a individuos e entidades públicas e privadas, por valor de... Máis información
-
Medio cento de mozas e mozos iniciarán en xaneiro prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda.
23.12.2010
audio
O director xeral de Xuventude e Voluntariado recibiu hoxe aos beneficiarios da primeira quenda do programa "Leonardo da Vinci". Case medio cento de mozas e mozos (47) iniciarán en xaneiro as súas prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda, unha iniciativa inscrita no programa Leonardo da Vinci, a súa vez... Máis información
-
Carlos Núñez promove o seu álbum "Alborada do Brasil".
23.12.2010
audio
O traballo é resultado dunha viaxe do músico ao país latinoamericano en busca das súas raíces. O gaiteiro galego Carlos Núñez está presentando en Galicia o seu álbum Alborada do Brasil, que o propio músico define como o resultado da busca das súas raíces no país latinoamericano. Núñez estivo en Brasil durante tres anos buscando noticias do seu... Máis información
-
A parroquia de Santaballa, escenario de dous filmes sobre a emigración.
23.12.2010
audio
O director Daniel Vázquez roda na localidade unha curtametraxe e un documental coa participación dos veciños. Unha escola que se construíu na parroquia vilalbesa de Santaballa por iniciativa dos emigrantes galegos que vivían en Cuba converteuse en escenario para a rodaxe dun documental e unha curtametraxe. Ambas as dúas obras están A Cargo de... Máis información
-
Un clásico da literatura infantil galega traducido ao castelán.
23.12.2010
audio
Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, reflicte o mundo rural galego e a emigración dende o punto de vista dun neno. A editorial Kalandraka publicou recentemente o clásico da literatura infantil galega Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, traducida ao castelán e baixo o título Memorias de un niño campesino. A publicación chega... Máis información
-
Un documental conta a descoñecida historia da emigración galega a Lisboa.
23.12.2010
audio
A obra de Xan Leira foi exhibida esta semana no Centro Galego da capital lusa. O director arxentino de orixe galega Xan Leira fixo un retrato da masiva emigración galega a Lisboa no documental Galegos en Lisboa, a historia xamais contada, exhibido esta semana no Centro Galego da capital lusa. Segundo o cineasta, os galegos comezaron a instalarse... Máis información
-
O DOG publica o destino de 1.300.000 euros para concellos e ONGDs que favorecen a integración de retornados e inmigrantes.
22.12.2010
audio
O DOG publica a relación de administracións locais e entidades subvencionadas ao abeiro de cadanseu programa. O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe mércores dúas resolucións asinadas polo secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, polas que se procede á publicación das subvencións concedidas para programas destinados a... Máis información
-
Un proxecto recupera a historia das escolas construídas polos emigrantes en Galicia.
22.12.2010
audio
Dende os países onde emigraron, os galegos da diáspora contribuíron á formación dos seus compatriotas. O Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración desenvolveu o proxecto "As Escolas da Emigración", que recupera a historia das escolas e centros de formación construídos en Galicia a través do labor filantrópico... Máis información
-
Aberta a convocatoria de 2011 das axudas individuais para galegos no exterior, por valor de máis de 2,3 millóns de euros.
21.12.2010
audio
Emigración subvenciona así as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria dos galegos en situación de precariedade económica. O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade do solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. O... Máis información
Páxinas |