Novas
Buscador
-
Aberta a convocatoria de 2011 das axudas individuais para galegos no exterior, por valor de máis de 2,3 millóns de euros.
21.12.2010
audio
Emigración subvenciona así as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria dos galegos en situación de precariedade económica. O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade do solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. O... Máis información
-
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do ‘Barómetro da Inmigración 2010’.
21.12.2010
audio
Entre os datos recollidos pola Xunta cómpre destacar que tanto os nativos coma os foráneos calculan que hai máis inmigración da que en verdade existe. Unha maioría dos enquisados salientan a necesidade de vincular o posto de traballo á regularización dos inmigrantes, pero unha maioría aínda máis ampla ve positiva para a economía española a... Máis información
-
Cada vez máis estudantes aprenden lingua, literatura e cultura galegas nas universidades brasileiras.
21.12.2010
audio
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou o pasado martes 16 de decembro o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Estado do Rio de Janeiro, onde se imparten materias de lingua, literatura e cultura galegas desde 1999. Cada vez son máis os estudantes que teñen ocasión de aproximarse á lingua, literatura e cultura galegas... Máis información
-
Educación e inserción laboral feminina centraron a atención no Encontro da Inmigración 2010 organizado pola Xunta de Galicia.
20.12.2010
audio
No acto, celebrado en Burela, participaron máis de 200 persoas, entre elas Ana Pastor, Susana López Abella, Raquel Arias e Antonio Aguarón. Máis de 200 persoas participaron este sábado no Encontro da Inmigración 2010, un acto organizado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta, e no que estiveron presentes colectivos de estranxeiros afincados... Máis información
-
Clausúrase o programa “Brandán”, co que os inmigrantes aprenderon os seus dereitos como consumidores.
20.12.2010
audio
O subdirector xeral de Retorno e da Inmigración foi o encargado de poñer o peche, que tivo lugar en Lugo. O programa, froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Instituto Galego de Consumo, aborda aspectos como o aforro na tarifa eléctrica ou os procedementos para xestionar unha reclamación. O subdirector xeral de Xestión... Máis información
-
Política Lingüística promove un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en galego.
10.12.2010
audio
As propostas máis orixinais formarán parte dunha galería que estará dispoñible no web da secretaría xeral. Tamén haberá un premio de produtos de lecer para os tres mellores traballos. O prazo para participar no concurso remata o día 20 de decembro. Coa intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos... Máis información
-
Santiago Camba pide “unificar esforzos” aos presidentes dos centros galegos na Arxentina.
10.12.2010
audio
O secretario xeral da Emigración interesouse polas necesidades e proxectos das entidades e ratificou o seu compromiso de manter as partidas orzamentarias destinadas a actividades sociosanitarias. Algo máis de 30 centros galegos estiveron representados no encontro. Previamente, Camba visitara as instalacións do Centro Galego de La Plata e o Centro... Máis información
-
A Xunta lamenta a falta de planificación do Goberno central para 2011 en materia de inmigración.
09.12.2010
audio
Tras o recorte orzamentario deste ano en políticas de integración da poboación inmigrante, superior ao 65 por cento respecto de 2009, as Comunidades Autónomas aínda descoñecen cal será esta vez o criterio de Madrid. A menos dun mes de que remate o presente ano, a Secretaria de Estado de Inmigración e Emigración do Ministerio de Trabajo e... Máis información
-
O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, e a subdirectora xeral de Cultura do Goberno da Cidade, Josefina Delgado, deron apertura este martes á mostra fotográfica “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010”.
09.12.2010
audio
O Secretario Xeral da Emigración abre na Casa da Cultura de Buenos Aires a mostra “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010”. A Subdirectora de Cultura do Goberno da Cidade, Josefina Delgado, destacou a colaboración coa Xunta e salientou o carácter “multicultural” da mostra fotográfica. Ambos inauguraron este martes na sala de exposicións da... Máis información
-
Os fillos de emigrantes galegos restauran unha autoestrada construída polos seus antepasados nos EE.UU.
09.12.2010
audio
Numerosos galegos traballaron nas obras da Blue Ridge Parkway, que duraron preto de 30 anos. Unha firma de emigrantes galegos residentes en Estados Unidos está a traballar na restauración da autoestrada Blue Ridge Parkway, que se estende ao longo de máis de 700 quilómetros entre os estados de Virxinia e Carolina dO Norte. A estrada, que cumpre 75... Máis información
Páxinas |