A Xunta informa do servizo a través do que as galegas e galegos retornados sen titulación oficial poden acreditar as súas competencias profesionais

ARA - Avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais
ARA - Avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais
Vídeo explicativo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2022.

A Xunta de Galicia conta cun procedemento, dispoñible de xeito permanente, para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Deste xeito, as galegas e galegos que desexen retornar a Galicia poden informarse a través deste vídeo que a Secretaría Xeral da Emigración ofrece na súa web a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

Esta iniciativa vai dirixida aos traballadores e traballadoras en activo ou en situación de desemprego sen acreditación oficial da súa competencia profesional. Esas unidades de competencia son as que configuran as cualificacións profesionais reguladas polo Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

729 lecturas