Novas
Buscador
- O IGE confirma que Galicia tivo un saldo migratorio positivo en 2020 que superou as 12.000 persoas 16.12.2021 audio O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar a “Estatística de Migracións” definitiva do ano 2020 e tamén as “Cifras de Poboación”, que indican que o saldo migratorio foi positivo a pesar da pandemia. En 2020 chegaron a Galicia 4.637 cidadás e cidadáns con nacionalidade española. A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2021... Máis información
- Emigración homenaxea ás e aos participantes no programa “Conecta co Xacobeo” 16.12.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración publica un vídeo homenaxeando ás e aos participantes no programa “Conecta co Xacobeo”, que se desenvolveu en setembro deste ano e no que participaron galegas e galegos vinculados aos centros do exterior en España e Europa. Durante unha semana percorreron 100 quilómetros da Vía da Prata e do Camiño Portugués a... Máis información
- Miranda destaca en Onda Cero que na área da economía e da industria dedicáronse máis de 21 millóns de euros a programas de reforzo para o acompañamento laboral dos retornados e retornadas 15.12.2021 audio As e os retornados víronse beneficiados de programas como Galicia Rural Emprende, que apoiou 22 proxectos con case un millón de euros, e programas de coworking que apostaron por máis de 100 galegas e galegos do exterior. Favoreceuse o retorno e a consolidación das persoas de alta cualificación a través de programas como o Oportunius, o Principia... Máis información
- Emigración apostou polo acompañamento persoal ás galegas e galegos retornados a través dun portal dixital e da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento 14.12.2021 audio O balance da Estratexia Galicia Retorna destaca que o Portal Retorna recibiu xa máis de 100.000 visitas. A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atendeu ata o día de hoxe máis de 6.500 familias e deu resposta a máis de 25.000 consultas. A Xunta de Galicia apostou pola información ás galegas e galegos retornados a través dun... Máis información
- O balance da Estratexia Galicia Retorna destaca que a idade media das e dos emprendedores retornados é de 41,5 anos 13.12.2021 audio O 49% do total de beneficiadas e beneficiados das axudas ao retorno emprendedor teñen menos de 40 anos. Cabe destacar que, precisamente, entre as e os menores de 40 anos beneficiados por estas axudas, o 57% naceron en Galicia. O 45% das emprendedoras e emprendedores que puxeron en marcha unha iniciativa empresarial fixérono nun concello do rural... Máis información
- Emigración e a Fundación Ronsel manteñen a súa colaboración a través do programa Merlo para apoiar ás galegas e galegos emprendedores retornados 12.12.2021 audio O encontro Retorno Emprendedor: Programa Merlo, puxo de manifesto en novembro deste ano que as axudas da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, impulsaron máis de 500 proxectos cunha mobilización de 25 millóns de euros. A Xunta e a Fundación Ronsel manteñen así a súa colaboración a través do programa Merlo para que as... Máis información
- A Xunta amplía en preto dun 50% o crédito para apoiar iniciativas empresariais de base tecnolóxica con incentivos para as galegas e galegos retornados 11.12.2021 audio Trátase dunha medida que se atopa incluída na Estratexia Galicia Retorna e que conta con incentivos dun 25% máis para galegas e galegos do exterior retornados. O Goberno galego impulsa con este programa a contratación de persoal técnico de alta cualificación e a creación de emprego estable. Unha mesma empresa pode acceder a un apoio máximo de 64.... Máis información
-
A Xunta apoiou proxectos empresariais de galegas e galegos retornados procedentes de máis de 40 países
10.12.2021
audio
Os tres países con maior número de solicitudes das axudas ao Retorno Emprendedor proceden de Venezuela, Reino Unido e Suíza.
O balance da Estratexia Galicia Retorna revela que o 60% dos beneficiarios e beneficiarias proceden de América, o 36% de Europa e o 4% restante do resto de continentes.
O 51,4% das e dos emprendedores retornados naceron en...
Máis información
- Miranda mantivo un encontro cos representantes dos centros de Lucerna e Zug na súa visita a Suíza 09.12.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Zürich un encontro cos representantes dos centros galegos na Suíza de Lucerna e Zug. Deste xeito, Miranda interesouse co presidente do Centro Galego de Lucerna, Carlos Canosa Fandiño, e o representante do Centro Galego de Zug ‘A Nosa Terra’, José Manuel... Máis información
- Emigración reitera o apoio que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado supón para os galegos e galegas que desexan regresar 08.12.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración remata a publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia cun achegamento ata o labor que desenvolve a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado. . Nesta pílula lémbrase que todos as galegas e galegos do exterior... Máis información
Páxinas |









