Emigración colaborará con Fegaus para achegar temas de interese xeral sobre Galicia de xeito telemático aos galegos e galegas do exterior

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, Fegaus, cos que analizou a colaboración desta institución nun proxecto que permitirá acercar temas de interese xeral sobre a comunidade autónoma a tódolos galegos e galegas do exterior de xeito telemático.

Deste xeito, esta proposta ten como obxectivo ser un fío condutor que axude a valorar ás e aos galegos residentes noutros países a cultura, idioma e costumes galegos así como achegarlles a información necesaria para o seu posible retorno e para ofrecer servizos relativos a ocio, cultura, educación ou formación en Galicia. 

258 lecturas