Emigración destaca o impulso das entidades ás súas agrupacións musicais, que en 2021 acompañaron a diferentes artistas galegas e galegos de renome
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o impulso que, malia a pandemia, están a dar as entidades galegas do exterior ás súas agrupacións musicais, xa que en 2021 puideron acompañar en diferentes actuacións a artistas galegas e galegos de renome en diferentes lugares do mundo.
Neste senso, a continuación expoñemos imaxes das actuacións nas que as agrupacións folclóricas de Alacant, Pamplona ou Vitoria acompañaron a músicos como o propio gaiteiro Carlos Núñez. “É de agradecer que, malia as dificultades causadas pola actual situación sanitaria, os centros sigan a impulsar os seus grupos e a intensificar a formación musical galega no exterior”.
Novas relacionadas






