Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
O presidente do Goberno galego asiste á celebración do Día de Galicia en Asturias.
Destaca a importancia do Camiño Primitivo como un dos principais símbolos de unión entre ambos territorios, con máis de 21.000 peregrinos no que levamos de ano, un 12% máis que o ano anterior.
Apela a sumar esforzos en áreas como a defensa do mar e da pesca, o impulso das enerxías limpas, a aposta por unha industria forte e a loita contra o reto demográfico.
Lembra o fronte común de Galicia, Asturias e Castela e León para reivindicar avances no Corredor Atlántico, unha infraestrutura que permitirá desenvolver todo o potencial do noroeste peninsular.
Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou hoxe en Oviedo na celebración do Día de Galicia en Asturias, onde puxo en valor a amizade e a complicidade histórica que unen a ambas Comunidades. Na súa intervención, subliñou que Galicia e Asturias son algo máis que territorios veciños, xa que sempre camiñaron xuntas como pobos aliados e con proxectos comúns.
O titular do Goberno galego trasladou un recoñecemento especial á Asociación Día de Galicia en Asturias, que celebra este ano o seu 30º aniversario, destacando o labor constante e o compromiso desta entidade na conservación dos lazos entre ambos territorios. Así mesmo, felicitou aos dous homenaxeados con insignias de ouro da asociación: María Jesús del Barco Martínez, xuíza decana de Madrid e presidenta da APM; e Francisco Rodríguez, presidente de Reny Picot.
Tras a inauguración dun cruceiro nos xardíns do Palacio Villa Magdalena, Rueda sinalou que a celebración do Día de Galicia en Asturias constitúe unha proba viva da fraternidade entre territorios e puxo como exemplo o Camiño de Santiago, e en particular o Camiño Primitivo, que desde o século IX vincula a Oviedo con Compostela. Lembrou a recente colocación dunha mouteira conmemorativa na capital asturiana o pasado mes de abril e incidiu en que esta ruta, ademais da súa relevancia cultural e espiritual, é un motor económico e social. Neste senso, apuntou que máis de 396.000 peregrinos fixeron o Camiño este ano, dos cales máis de 21.000 percorreron o itinerario primitivo, un 12% máis que o ano anterior no mesmo período.
O presidente amosouse convencido de que Asturias terá un papel relevante no Xacobeo 2027, cando a celebración volva atraer o interese internacional. Ademais, puxo de manifesto a boa sintonía institucional entre ambas Comunidades, lembrando os retos comúns en materias como a defensa do mar e da pesca, o impulso das enerxías limpas, a aposta por unha industria forte ou a loita común contra o reto demográfico.
Nesta liña, fixo fincapé no fronte común entre Asturias, Castela e León e Galicia para reivindicar avances na posta en marcha do Corredor Atlántico, unha infraestrutura clave para desenvolver todo o potencial do noroeste peninsular.
Segundo explicou, cando Galicia e Asturias falan cunha soa voz, os seus intereses chegan con máis forza a Madrid e a Bruxelas e, cando as súas institucións traballan conxuntamente, demóstrase que o norte peninsular ten non só un gran pasado compartido, senón tamén un futuro prometedor.
Rueda destacou o compromiso de Galicia por facer as cousas con rigor, sentidiño, autenticidade e orgullo propio, e propuxo seguir compartindo esa mesma filosofía con Asturias, convencido de que a suma de forzas garante un camiño de excelencia e cooperación.
Novas relacionadas



