Miranda reúnese cos presidentes dos Centros Galegos de Bos Aires na Embaixada de España: “A colectividade será protagonista da Galicia que queremos mostrar ao mundo no Saborea Galicia Calidade”
O secretario xeral da Emigración participou xunto o embaixador de España en Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborde, e o delegado da Xunta de Galicia no país, Alejandro López Dobarro nun encontro cos presidentes das principais entidades galegas na capital arxentina para presentarlles as actividades que se desenvolverán en outubro no marco do programa "Saborea Galicia Calidade".
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este xoves xunto o embaixador de España en Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborde, e o delegado da Xunta de Galicia no país, Alejandro López Dobarro, nun encontro cos presidentes dos principais centros galegos de Bos Aires, celebrado na Embaixada de España en Arxentina, onde trasladou o agradecemento da Xunta ao labor das entidades galegas na Arxentina, e que “mantiveron viva a cultura de Galicia xeración tras xeración, e que agora tamén serán protagonistas da Galicia que queremos mostrar ao mundo”.
O encontro serviu para presentar á colectividade a programación prevista no marco do programa "Saborea Galicia Calidade", que se celebrará en outubro na capital arxentina, coincidindo coa festividade do Día Nacional de España, no que Galicia será comunidade autónoma convidada de honra pola Embaixada.
Novas relacionadas




