Miranda traslada ao presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba o apoio da Xunta á comunidade galega na Illa

Miranda traslada ao presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba o apoio da Xunta á comunidade galega na Illa
Miranda traslada ao presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba o apoio da Xunta á comunidade galega na Illa
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 11 de setembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Sergio Toledo, para trasladarlle o apoio da Xunta á comunidade galega na Illa. Este encontro subliña o compromiso continuo da Xunta de Galicia e da Federación para preservar e promover a cultura e o benestar da comunidade galega na Illa. Miranda destacou a importancia de manter e potenciar a cultura galega, subliñando os programas de apoio á emigración e a cooperación cultural que a Xunta de Galicia vén implementando nos últimos anos.

Miranda destacou o máis profundo agradecemento ao presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Sergio Toledo, pola súa inestimable colaboración ao longo dos anos. Grazas ao seu compromiso e dedicación, cada ano é posible axudar a máis de 7.000 familias en toda Cuba, garantindo o seu benestar.

Desde a súa fundación en 1991, a Federación de Sociedades Galegas en Cuba traballa arreo para unir e colaborar coas asociacións galegas na Illa. Entre os seus principais obxectivos están a consolidación dos lazos de irmandade co pobo de Cuba e a promoción de intercambios sociais, artísticos, culturais, científicos, deportivos e económicos con outras comunidades galegas ao redor do mundo, especialmente con Galicia.

371 lecturas