Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
O encontro reuniu no Porto de Santa María a representantes dos centros galegos de Andalucía, Extremadura e Ceuta, reforzando os lazos culturais e asociativos entre as entidades.
A Xunta destaca o compromiso dos galegos fóra de Galicia para manter viva a cultura galega e promover o vínculo coa terra de orixe.
Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura”
O secretario xeral da Emigración participou esta fin de semana na XV Xuntanza de Centros Galegos de Andalucía, Extremadura e Ceuta, celebrada en El Puerto de Santa María, onde puxo en valor “a forza e o compromiso dos galegos fóra de Galicia, que manteñen viva a nosa cultura con orgullo e responsabilidade”.
Durante o encontro, o representante da Xunta de Galicia destacou a capacidade dos galegos residentes nestes territorios para traballar conxuntamente e reforzar o vínculo coa terra, subliñando que “a distancia física non resta intensidade ao sentimento galego”. A xuntanza reuniu a representantes de numerosos centros galegos do sur de España, nun espazo de convivencia e intercambio que reafirma o papel fundamental destas entidades na preservación da cultura galega. O secretario xeral sinalou que “a unión dos centros galegos nesta zona é un exemplo de colaboración eficaz, que multiplica os resultados do seu esforzo diario”.
Desde a Xunta lembran que a galeguidade en Andalucía, Extremadura e Ceuta está viva, activa e ben integrada, sen renunciar ás súas raíces. A longa historia de relación entre galegos e sociedades de acollida como a andaluza, cimentada no respecto mutuo, fixo posible unha convivencia enriquecedora que beneficia a ambas comunidades. Ademais, a Secretaría Xeral da Emigración reafirmou o seu compromiso de continuar apoiando os centros galegos, tanto no mantemento das actividades culturais como na promoción do contacto coa terra de orixe.
A xuntanza serviu como espazo para fortalecer lazos, compartir proxectos e lembrar que a cultura galega, alén do territorio, segue sendo un elemento de cohesión e orgullo para miles de galegos e galegas que viven noutras partes de España.
Novas relacionadas



