Miranda mantén en Sevilla un encontro co Consejero de Turismo e Andalucía Exterior da Junta de Andalucía e o director xeral de Andalucía Global para reforzar a cooperación institucional en materia de emigración e retorno
A reunión permitiu afondar na colaboración entre Galicia e Andalucía no eido da emigración e do retorno, nun clima de cordialidade e sintonía institucional.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Sevilla unha reunión de traballo co Consejero de Turismo e Andalucía Exterior da Junta de Andalucía, Arturo Bernal e co director xeral de Andalucía Global, Jorge Vázquez Calderón, co obxectivo de afondar na colaboración entre ámbalas comunidades autónomas no ámbito da atención á diáspora e ás persoas retornadas.
Durante a reunión, Miranda e os responsabels da Junta de Andalucía puxeron en valor o papel fundamental que Galicia e Andalucía desenvolven no acompañamento ás súas colectividades no exterior, así como no apoio aos cidadáns que deciden regresar aos seus lugares de orixe. Ambos destacaron a necesidade de seguir compartindo experiencias e boas prácticas que permitan mellorar os programas e servizos ofrecidos ás comunidades galega e andaluza no mundo.
Así mesmo, coincidiron na importancia de manter unha coordinación estreita entre administracións que comparten retos semellantes, non só no eido da emigración e do retorno, senón tamén na proxección exterior da cultura e da economía. Neste sentido, comprometeron continuar traballando conxuntamente para reforzar a visibilidade das súas comunidades no ámbito internacional e estreitar os vencellos históricos que unen Galicia e Andalucía.
Novas relacionadas




