Novas
Buscador
- Os Delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai manteñen encontros cos participantes do programa “Reencontros con Galicia” antes da súa viaxe a súa terra 02.10.2024 audio Os delegados da Xunta en Bos Aires e Montevideo, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, respectivamente, mantiveron sendos encontros cos participantes do programa Reencontros con Galicia, antes das súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos residentes en Arxentina e en Uruguai regresen a Galicia, reforzando así... Máis información
- Emigración e a Fundación Ronsel fan seguimento das iniciativas empresariais dos galegos retornados emprendedores e as ferramentas necesarias para a súa incorporación exitosa ao mercado laboral galego 01.10.2024 audio O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión con Luis García, director da Fundación Ronsel, na que destacaron o éxito da colaboración entre ambas entidades para mellorar a empregabilidade das persoas galegas retornadas. Miranda subliñou a importancia das accións conxuntas, como as xornadas formativas, que... Máis información
- A Delegada da Xunta en Uruguai anima ao Centro Gallego Valle Miñor a manter viva a cultura galega no seu 77 Aniversario 27.09.2024 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou no acto de celebración do 77 aniversario do Valle Miñor onde destacou a importancia do traballo realizado pola entidade ao longo de tantos anos, sendo un punto de encontro fundamental para os galegos en Uruguai, e o papel vital que desempeñan no mantemento da nosa cultura e... Máis información
- A Federación de Asociacións Galegas de Madrid peregrina a Santiago de Compostela 26.09.2024 audio A subdirectora de Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, recibiu na Praza do Obradoiro a un grupo de 20 representantes de distintas asociacións e entidades galegas en Madrid, que culminaron o Camiño de Santiago. Durante o encontro, a subdirectora destacou a importancia de manter vivas as tradicións e o... Máis información
- A Xunta avanza da man dos principais sectores produtivos no reto de abordar a cobertura das vacantes laborais e a captación de talento 25.09.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inaugurou en Santiago as mesas sobre atracción de talento nas empresas galegas. José González puxo en valor o esforzo conxunto público-privado que supoñen estas xornadas para abordar en común co tecido produtivo un reto de tanto calado como é o de dar resposta á demanda de man de obra que precisan.... Máis información
- A XIV Xuntanza de Centros Galegos de Andalucía, Extremadura e Ceuta destaca a unidade e forza da colectividade galega no sur de España 24.09.2024 audio Málaga acolleu esta pasada fin de semana a XIV Xuntanza de Centros Galegos de Andalucía, Extremadura e Ceuta, un evento que reuniu a representantes da colectividade galega do sur de España. Durante o encontro, o representante da Secretaría Xeral da Emigración puxo en valor a unidade de acción que demostran os galegos desta zona de España,... Máis información
- Miranda reforza os vínculos coa colectividade galega en Santos, destacando a importancia do apoio ás entidades que manteñen viva a nosa cultura e tradicións 23.09.2024 audio O Secretario Xeral reafirma o compromiso do goberno galego co mantemento dos lazos culturais e a solidariedade entre galegos, promovendo a identidade galega máis alá das fronteiras. Centos de persoas asisten ao encontro en Santos, reforzando o apoio e a unidade da comunidade galega en Brasil. O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia 22.09.2024 audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participa nesta carreira solidaria, que conta co apoio da Xunta de Galicia para reforzar o compromiso coa comunidade galega en São Paulo. A Sociedade Beneficente Rosalía de Castro leva máis de 40 anos apoiando á comunidade galega e hispano-brasileira proporcionando asistencia social aos... Máis información
- Miranda destaca o papel fundamental da Sociedade Hispano Brasileira na promoción da cultura galega en Brasil 22.09.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa colectividade galega na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instruçao e Recreio en São Paulo. “A colaboración entre a Xunta e a comunidade galega en Brasil é clave para fortalecer os vínculos culturais e sociais entre Galicia e Brasil, e para apoiar ás familias... Máis información
- A Delegada da Xunta en Uruguai destaca na clausura do Obradoiro de Baile e Música Galega en Montevideo o compromiso da Xunta na promoción da cultura no exterior 20.09.2024 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de clausura do obradoiro de baile e música tradicional galega, impartido polo profesor Alexander Fernández en Montevideo. Este obradoiro, organizado por la Secretaría Xeral da Emigración en colaboración co Centro Galego de Montevideo, contou cunha destacada participación... Máis información
Páxinas |









