Miranda destaca o papel fundamental da Sociedade Hispano Brasileira na promoción da cultura galega en Brasil
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa colectividade galega na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instruçao e Recreio en São Paulo.
“A colaboración entre a Xunta e a comunidade galega en Brasil é clave para fortalecer os vínculos culturais e sociais entre Galicia e Brasil, e para apoiar ás familias galegas no seu día a día”, sinala Miranda.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa colectividade galega na Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instruçao e Recreio en São Paulo, onde se abordaron os programas e proxectos que a Secretaría Xeral da Emigración está a desenvolver para apoiar aos galegos no exterior. Durante o encontro, Miranda destacou o compromiso da Xunta de Galicia coas necesidades sociais, económicas e culturais da diáspora.
Rodríguez Miranda aproveitou a ocasión para informar sobre as diversas iniciativas postas en marcha pola Secretaría Xeral, como as axudas ao retorno, os programas de apoio á mocidade e as accións culturais que buscan manter viva a cultura galega no exterior.
O secretario xeral subliñou a importancia de seguir traballando conxuntamente coa Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, entidade que representa un punto de encontro para os galegos en São Paulo. “A colaboración entre a Xunta e a comunidade galega en Brasil é clave para fortalecer os vínculos culturais e sociais entre Galicia e Brasil, e para apoiar ás familias galegas no seu día a día”, sinalou Miranda.
Finalmente, Miranda agradeceu a calorosa acollida da colectividade galega e fixo un chamamento a continuar fortalecendo os lazos que unen a Galicia coas súas comunidades no exterior, destacando o papel fundamental que xogan entidades como a Sociedade Hispano Brasileira na promoción da cultura galega en Brasil.
Novas relacionadas




