Os Delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai manteñen encontros cos participantes do programa “Reencontros con Galicia” antes da súa viaxe a súa terra

Os delegados da Xunta en Bos Aires e Montevideo, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, respectivamente, mantiveron sendos encontros cos participantes do programa Reencontros con Galicia, antes das súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos residentes en Arxentina e en Uruguai regresen a Galicia, reforzando así os lazos coa súa terra natal.
Alejandro López Dobarro destacou, durante a reunión en Bos Aires, a importancia do programa para fortalecer os vínculos interxeracionais e culturais dos galegos residentes no exterior, subliñando o profundo vencello entre Galicia e a diáspora arxentina. Pola súa parte, Elvira Domínguez, na xuntanza celebrada no Patronato da Cultura Galega de Montevideo, salientou o impacto emocional deste regreso.
Este programa, promovido pola Secretaría Xeral da Emigración, reflicte o compromiso da Xunta de Galicia en facilitar o reencontro dos galegos emigrados coas súas raíces culturais e históricas, fortalecendo o sentimento de pertenza e a conexión coa cultura galega.
Novas relacionadas