A Delegada da Xunta en Uruguai anima ao Centro Gallego Valle Miñor a manter viva a cultura galega no seu 77 Aniversario

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou no acto de celebración do 77 aniversario do Valle Miñor onde destacou a importancia do traballo realizado pola entidade ao longo de tantos anos, sendo un punto de encontro fundamental para os galegos en Uruguai, e o papel vital que desempeñan no mantemento da nosa cultura e tradicións.
Durante a súa intervención, a delegada felicitou aos grupos de danzas pola coordinación que están a lograr para participar en diversos eventos, tanto internos como externos, así como pola súa planificación para o Día do Patrimonio, no que levarán a cultura galega fóra das súas institucións. Este esforzo, segundo Domínguez, é unha mostra máis do compromiso do Centro Valle Miñor coa difusión e promoción das raíces galegas, que continúa viva e dinámica en Uruguai.
Novas relacionadas