São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda participa nesta carreira solidaria, que conta co apoio da Xunta de Galicia para reforzar o compromiso coa comunidade galega en São Paulo.
A Sociedade Beneficente Rosalía de Castro leva máis de 40 anos apoiando á comunidade galega e hispano-brasileira proporcionando asistencia social aos maiores.
Rodríguez Miranda destaca o reforzo dos lazos de solidariedade e cooperación entre as comunidades galegas no exterior e agradece á Sociedade Rosalía de Castro pola súa entrega e compromiso coa comunidade.
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
São Paulo acolle unha Carreira Solidaria coa participación de miles de persoas organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro co apoio da Xunta de Galicia
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este domingo na carreira popular "Circuíto Rosalía 2024", que tivo lugar no Parque Villa-Lobos de São Paulo. Esta iniciativa deportiva e solidaria, organizada pola Sociedade Beneficente Rosalía de Castro, ten como obxectivo recadar fondos para continuar co seu labor de apoio á comunidade hispano-brasileira, especialmente ás persoas maiores e en situación de vulnerabilidade.
Ademais de recadar fondos, o evento tamén busca concienciar á comunidade local sobre a importancia de apoiar ás persoas maiores en situación de precariedade, un colectivo frecuentemente esquecido. A través de iniciativas como a carreira solidaria, a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro non só garante a continuidade dos seus programas de asistencia, senón que tamén promove a unión e o compromiso social tanto da diáspora galega como dos cidadáns brasileiros. O éxito desta acción solidaria serve como exemplo de como o deporte pode ser unha ferramenta poderosa para mobilizar recursos e sensibilizar sobre causas sociais de gran relevancia.
A Sociedade Beneficente Rosalía de Castro, fundada en 1982, leva máis de 40 anos prestando axuda á comunidade galega e hispano-brasileira na rexión de Vila Mariana. O seu traballo céntrase en proporcionar asistencia básica aos maiores, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores en situación de necesidade. A carreira solidaria ten como fin recadar fondos para manter e expandir estas actividades, dignificando e valorando a vida das persoas máis vulnerables.
Rodríguez Miranda destacou a importancia de iniciativas coma esta para reforzar os lazos de solidariedade e cooperación entre as comunidades galegas no exterior, subliñando que o espírito de apoio mutuo é un dos piares que manteñen viva a cultura galega fóra de Galicia. Tamén expresou o seu agradecemento á Sociedade Rosalía de Castro pola súa entrega e compromiso coa comunidade.
A carreira, ademais de fomentar o deporte, consolidouse como unha cita solidaria ineludible no calendario de actividades dos galegos en Brasil. O evento conta coa colaboración de importantes empresas como Mapfre o Mintsait (grupo Indra).
Novas relacionadas



