Novas
Buscador
- Miranda resalta o novo espazo gastronómico do Centro Gallego de Madrid como punto de proxección da nosa cultura gastronómica no Centro de Madrid 11.09.2024 audio O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe, xunto a representantes de todas as entidades galegas da Comunidade de Madrid, o novo Espazo Gastronómico do Centro Gallego de Madrid, un punto de encontro para a comunidade galega na capital. Durante o acto, ao que asistiron representantes dos diferentes Centros Galegos de... Máis información
- Os galegos do exterior poderán participar por primeira vez no ‘Xuventude Crea’ 10.09.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración financia o desprazamento dos galegos do exterior que accedan a fase final. Os gañadores poderán acceder a un programa de formación e mentoring a través dos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, co fin de desenvolver os seus proxectos artísticos. O prazo de presentación de solicitudes abrirase este mércores a... Máis información
- Ana Ortiz traslada á asociación de amigos de Venezuela en Vigo o apoio do Goberno galego aos emigrantes retornados 09.09.2024 audio A delegada territorial da Xunta mantivo un encontro con Manuel Pérez, representante tamén da Federación Venezolana de Galicia (Fevega). A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza co presidente da Asociación de Amigos de Venezuela e da Federación Venezolana de Galicia (Fevega). A representante... Máis información
- O Delegado da Xunta na Arxentina salienta a importancia de preservar as tradicións que unen aos galegos durante a celebración do 114 Aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra 08.09.2024 audio O delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á celebración do 114 aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra e á tradicional Festa da Virxe dos Dolores. No evento, que contou cunha ampla participación da comunidade galega residente, López Dobarro destacou a importancia de manter vivas as tradicións que unen aos galegos no... Máis información
- A Xunta destaca o labor dos centros galegos como o de Madrid para reforzar os lazos coa colectividade galega fóra da comunidade 06.09.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou o Centro Galego de Madrid. José González puxo de relevo o traballo destas entidades a prol da cultura e tradicións de Galicia e o compromiso do Goberno autonómico para asegurar que sigan sendo un punto de referencia e de encontro para a comunidade galega. Salientou o apoio á mocidade galega... Máis información
- Miranda agradece ao Centro Galego de Málaga o seu labor para levar a cultura e a tradición galegas aos espazos públicos da capital andaluza 06.09.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o compromiso do Centro Galego de Málaga na promoción e difusión da cultura e das tradicións galegas na cidade. Durante a reunión mantida co presidente da entidade, Alfonso Bermúdez Virgós, o secretario expresou o seu agradecemento polos esforzos realizados para achegar a... Máis información
- López Campos anima o alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de Galicia e dos seus devanceiros na Arxentina 05.09.2024 audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude recibe na Cidade da Cultura unha vintena de estudantes do centro que están a realizar unha viaxe de estudos á nosa Comunidade. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, animou hoxe o alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de... Máis información
- Rodríguez Miranda agradece o labor do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires e reafirma o compromiso da Xunta cos galegos no exterior 05.09.2024 audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con José González Costa, presidente do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires. Durante o encontro, abordáronse temas relacionados co fortalecemento dos lazos culturais e sociais entre Galicia e os galegos na Arxentina, así como as iniciativas de... Máis información
- A Xunta reafirma o seu compromiso cos traballadores autónomos e os retornados que queiran emprender en Galicia 04.09.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na rolda de prensa sobre o programa ‘Emprende. Intégrate’, da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos. José González destacou a contribución dos traballadores por conta propia a un mercado laboral que en agosto sumou case 15.000 novas afiliacións na comparativa interanual e obtivo... Máis información
- A Xunta publica a concesión das 250 Bolsas BEME para galegos do exterior que realizarán este curso un mestrado nunha das tres universidades públicas 04.09.2024 audio Segundo o publicado hoxe no DOG, a Arxentina, Venezuela, O Uruguai, O Brasil e O Reino Unido son os países cun maior número de persoas beneficiarias, das que 113 cursarán os seus estudos na Universidade de Santiago, 84 na de Vigo e 53 na da Coruña. A Secretaría Xeral da Emigración pechou este ano o prazo de solicitude das Bolsas de Excelencia... Máis información
Páxinas |









