A Delegada da Xunta en Uruguai destaca na clausura do Obradoiro de Baile e Música Galega en Montevideo o compromiso da Xunta na promoción da cultura no exterior

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de clausura do obradoiro de baile e música tradicional galega, impartido polo profesor Alexander Fernández en Montevideo. Este obradoiro, organizado por la Secretaría Xeral da Emigración en colaboración co Centro Galego de Montevideo, contou cunha destacada participación da colectividade galega, que puido achegarse ás súas raíces a través da música e a danza.
Durante o acto, celebrado no polideportivo do Centro Galego de Montevideo, a delegada participou na entrega de diplomas aos asistentes, recoñecendo o esforzo e dedicación dos participantes ao longo do curso. A súa presenza resaltou o compromiso da Xunta de Galicia en seguir promovendo a cultura galega no exterior, fortalecendo os lazos coa diáspora galega en Uruguai.
Novas relacionadas