Novas
Buscador
- Miranda: "O Noso Lar de República Dominicana renace como un espazo de encontro e celebración da cultura galega, mirando ao futuro con novas iniciativas e actividades" 25.10.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nun encontro coa colectividade, nun acto organizado polo Centro Galego "O Noso Lar" de República Dominicana, ao que asistou o Embaixador de España na Illa, entre outros invitados. Miranda lembrou que os centros galegos no mundo son moito máis que lugares de encontro; son faros... Máis información
- Miranda reúnese co Embaixador de España na República Dominicana para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos do exterior, con especial atención aos programas de retorno e promoción cultural 24.10.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co embaixador de España na República Dominicana, Antonio Pérez-Hernández no que abordaron temas de interese común para a colectividade galega residente no país. Durante a reunión, Miranda subliñou a importancia da colaboración institucional para reforzar o apoio... Máis información
- A Xunta recibe solicitudes de máis de 600 persoas no ‘Xuventude Crea’, a maior participación en 15 anos 23.10.2024 audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, participou na presentación da obra publicada polo gañador da categoría de novela no 2023. O certame supón un escaparate para o talento da mocidade en diversos eidos, sendo a fotografía, as artes plásticas e a poesía os de maior afluencia. Nesta décimo quinta convocatoria ascenden a 16 as especialidades... Máis información
- A Xunta insta ao Goberno central a axilizar a homologación de títulos formativos para facilitar a integración sociolaboral dos retornados 22.10.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo un encontro en Madrid coa secretaria de Estado de Migraciones, Pilar Cancela. O conselleiro puxo en valor o traballo desenvolvido a través da Estratexia Galicia Retorna e a necesidade de que o Executivo asuma as súas competencias e colabore no financiamento destas políticas... Máis información
-
Miranda reafirma o compromiso da Xunta cos profesionais retornados para converter a Galicia nun referente de atracción exterior
22.10.2024
audio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na clausura da mesa redonda coas empresas galegas que as políticas de retorno seguirán sendo prioritarias para facilitar a volta dos galegos do exterior e promover o seu desenvolvemento profesional na terra.
A maioría dos galegos que participan nestes eventos contan con...
Máis información
- A Delegada da Xunta de Galicia en Uruguai destaca a contribución de emigrantes galegos á industria vitivinícola uruguaia na 30ª edición do fin de semana do patrimonio 21.10.2024 audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, destacou a relevancia do patrimonio galego en Uruguai durante a 30ª edición da Fin de Semana do Patrimonio. O evento, que se celebrou baixo o lema “O viño como tradición: inmigración, traballo e innovación”, contou coa participación de diversas institucións españolas no país. Domínguez... Máis información
- O delegado da Xunta en Bos Aires celebra en Mar del Plata o Día da Hispanidade cun emotivo recoñecemento á comunidade galega 20.10.2024 audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro asistiu na cidade de Mar del Plata aos actos de celebración do Día da Hispanidade, cunha ampla representación das autoridades locais e españolas. A celebración comezou coa tradicional recepción na Praza San Martín, onde se depositou unha ofrenda floral no monumento ao xeneral... Máis información
- A Xunta reforzará en 2025 o programa de Bolsas BEME para a mocidade galega do exterior, ampliando o orzamento e incorporando estudos de grao 19.10.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na recepción oficial aos actuais beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior. José González puxo en valor esta iniciativa pioneira impulsada polo Goberno galego desde 2017 para atraer talento cualificado e fomentar o retorno da mocidade galega universitaria que reside no exterior... Máis información
- A Oficina de Retorno da Xunta de Galicia atendeu na área de Vigo a preto de 5.000 familias retornadas 18.10.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, visitaron a oficina móbil no Porriño, reafirmando o compromiso da Xunta de Galicia con ofrecer un apoio integral e personalizado ás familias retornadas. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia continúa achegando os seus servizos... Máis información
- A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os vínculos sociais e culturais coa colectividade do exterior 17.10.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na recepción aos preto de 200 participantes desta edición. Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual... Máis información
Páxinas |









