Emigración e a Fundación Ronsel fan seguimento das iniciativas empresariais dos galegos retornados emprendedores e as ferramentas necesarias para a súa incorporación exitosa ao mercado laboral galego

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 1 de outubro de 2024.

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión con Luis García, director da Fundación Ronsel, na que destacaron o éxito da colaboración entre ambas entidades para mellorar a empregabilidade das persoas galegas retornadas. Miranda subliñou a importancia das accións conxuntas, como as xornadas formativas, que están a facilitar a integración dos retornados na sociedade galega e no mercado laboral.

Durante o encontro, salientaron a relevancia do Programa de Mentores Merlo, que ten como obxectivo apoiar aos emprendedores retornados na consolidación dos seus proxectos en Galicia. Grazas a esta iniciativa, máis dun cento de empresarios galegos retornados recibiron formación e asesoramento para fortalecer os seus negocios.

Finalmente, Miranda e García coincidiron na necesidade de continuar intensificando as actividades formativas e de orientación, non só para os retornados, senón tamén para os bolseiros das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), garantindo que teñan as ferramentas necesarias para incorporarse ao mercado laboral galego con éxito.

564 lecturas