Novas
Buscador
- Miranda destaca o labor da Asociación Española de Socorros Mutuos de Uruguai na atención sanitaria á comunidade galega 19.09.2024 audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Julio Martínez, que foi xerente xeral da Asociación Española de Socorros Mutuos de Uruguai durante máis de 14 anos, unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1853 co obxectivo de proporcionar asistencia médica completa aos seus asociados. Na actualidade, a... Máis información
- Galicia Aberta achega a nosa lingua aos galegos do exterior con máis de 35.000 visualizacións do Curso de Galego Online 18.09.2024 audio A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia continúa promovendo con éxito o uso do galego entre as comunidades galegas no exterior a través do seu curso en liña de lingua e cultura galegas, que este ano acadou novamente unha alta participación e interese entre a diáspora galega en todo o mundo. O curso, que se desenvolveu a través da... Máis información
- O Centro Superior de Hostelaría de Galicia duplica o alumnado de primeiro curso, tras as medidas da Xunta para incentivar o acceso a estes estudos 17.09.2024 audio O Consello informa dos resultados das accións postas en marcha nos últimos meses, que incluíron a rebaixa do prezo de matrícula e máis bolsas de formación. En total, matriculáronse máis de 100 persoas no primeiro curso de Grao universitario en Xestión de Empresas Hostaleiras da USC, fronte ás 47 do ano pasado. Tamén se incorporan ao CSHG un total... Máis información
- Miranda reúnese con Pablo Ferreiroa, figura destacada da comunidade galega en Miami, para abordar proxectos futuros en Florida 16.09.2024 audio O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Pablo Ferreiroa, figura relevante dentro do asociacionismo galego en América, con especial proxección en Venezuela e agora en Miami. Durante o encontro, abordáronse diversas iniciativas para reforzar a presenza e cohesión da comunidade galega en Miami, centradas... Máis información
- Rueda agradece á colectividade galega en Asturias o seu compromiso co mantemento dos lazos entre ambas comunidades 15.09.2024 audio O presidente da Xunta participou hoxe na celebración do Día de Galicia en Asturias, celebrado en Oviedo. Resalta os lazos de unión entre as dúas comunidades e as súas xentes, e recorda a importancia de que ambas administracións autonómicas traballen xuntas nos ámbitos comúns. Destaca o bo facer da Asociación Día de Galicia en Asturias para... Máis información
- Un total de 50 galegos do exterior benefícianse este curso das Bolsas do programa Retorna Talento FP 15.09.2024 audio O lugar de procedencia das persoas beneficiarias é maioritariamente Arxentina, seguido de Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Panamá, Australia e Alemaña. Estudarán no CIFP Someso, no CIFP Ferrolterra, no IES de Chapela, no CIFP de Vilamarín e no CIFP Universidade Laboral de Culleredo. Un total de 50 galegos do exterior cursarán FP galega este... Máis información
- A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias 14.09.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración estivo cunha representación da colectividade galega en Avilés coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Asturias. José González puxo de relevo o traballo destas entidades a prol da cultura e tradicións de Galicia e o compromiso do Goberno autonómico para asegurar que sigan sendo un punto de... Máis información
- López Dobarro reforza os lazos co Centro Galego máis austral do mundo e comprométese a realizar unha visita futura ao centro 14.09.2024 audio O delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión coa presidenta do Centro Galego de Río Gallegos, Mirta Tanarro, no que é o centro galego máis austral do mundo. Durante o encontro, abordaron a situación actual da institución, que conta con ao redor de 200 asociados e que ofrece unha ampla variedade de cursos e... Máis información
- Miranda destaca o labor da Asociación Hijos de Galicia de Sestao na conservación e promoción da cultura galega no País Vasco 13.09.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, resaltou o traballo constante da Asociación Hijos de Galicia de Sestao na preservación e difusión da cultura e das tradicións galegas no País Vasco. Durante o encontro mantido coa presidenta da entidade, Mª Pilar Rodríguez Villar, Miranda expresou o seu recoñecemento polos esforzos que... Máis información
- A Xunta reafirma o seu respaldo ao Centro Galego de Montevideo no seu 145 Aniversario para impulsar a súa aportación na proxección da cultura galega 12.09.2024 audio Entre outros convidados, asistiron a vicepresidenta da República, Beatriz Argimón Cedeira, a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, e a delegada da Xunta de Galicia, Elvira Domínguez. O Centro Galego de Montevideo celebrou a súa gala polo 145 aniversario, un evento que destacou pola súa emotividade e pola presenza de figuras destacadas... Máis información
Páxinas |









