Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Maio2024Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de bolsas BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso audio As e os interesados excluídos deben achegar os documentos que se lles requiren de xeito que poida tramitarse a súa solicitude. A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende tódolos continentes. A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior 2024/25, BEME, polo que se interesaron centos de... Máis información
-
22Maio2024A delegada da Xunta no Uruguai participa na celebración do 70º aniversario do Centro Alma Gallega mantendo viva a nosa identidade audio O Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega celebrou o seu 70º aniversario cun evento ao que asistiu a delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, quen destacou a importancia desta institución na preservación e difusión da cultura galega en terras uruguaias. "Este centro é un exemplo de compromiso e amor pola nosa terra, un lugar onde se mantén viva a nosa lingua, a nosa música e as nosas tradicións", afirmou. Ademais, destacou... Máis información
-
20Maio2024A delegada da Xunta no Uruguai participa nas celebracións do Día das Letras Galegas mantendo viva a cultura galega na diáspora audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou coa comunidade galega en Uruguai nas celebracións do Día das Letras Galegas subliñando a importancia de manter viva a cultura galega na diáspora. O primeiro acto tivo lugar no Patronato da Cultura Galega, onde estudantes de lingua galega leron a biografía da poeta homenaxeada, Luisa Villalta. O segundo acto realizouse no Centro Val Miñor, en colaboración con A Casa de Galicia, e onde... Máis información
-
19Maio2024O delegado da Xunta en Bos Aires reúnese coas comunidades galegas para a realización da 2ª edición da Gran Romaría Galega que terá lugar o 28 de xullo audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, reuniuse cos responsables das Comunidades Galegas de Bos Aires para preparar a 2ª edición da Gran Romaría Galega. O vindeiro 28 de xullo, coincidindo co Mes de Galicia, celebrarase este evento. Para garantir o éxito da romaría, está a levarse a cabo un importante traballo previo de organización. Este primeiro encontro tivo lugar na sede do Centro Lalín, A Golada e Silleda. A Gran... Máis información
-
19Maio2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Caldas de Reis, Cerceda, A Merca e Guntín audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
18Maio2024Un hórreo na Casa de Galicia en León para fortalecer a identidade galega audio A Casa de Galicia en León acolleu este venres a inauguración dun hórreo galego coa participación da subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Lorena Antelo, simbolizando o desexo de compartir a cultura galega e fortalecer os lazos que unen á comunidade. Os hórreos, máis que simples construcións, son considerados testemuños vivos da historia e tradición galegas. "... Máis información
-
17Maio2024Miranda felicita a tódolos galegos e galegas do exterior o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Luísa Villalta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita a tódolos galegos e galegas do exterior polo Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta, agradecendo o labor de toda a colectividade galega fóra das nosas fronteiras polo traballo que realizan en prol da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. Ademais, esta tarde, a partir das 20 horas (hora de España), as interesadas e interesados en coñecer a... Máis información
-
16Maio2024Miranda analiza co presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela as necesidades actuais dos galegos e galegas no país americano audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela, Roberto González, con quen analizou a situación que están a vivir nestes intres as e os españois, e en especial, os galegos e galegas que residen no país. Rodríguez Miranda volveu ofrecer a total colaboración da Xunta de Galicia e da Secretaría Xeral da Emigración aos galegos e galegas residentes en Venezuela, a... Máis información
-
15Maio2024Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta audio A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto a súa web o libro ilustrado na que se narra a vida da homenaxeada nesta data. A Secretaría Xeral da Emigración celebrará o próximo venres 17 o Día das Letras Galegas con varias actividades dedicadas á cultura e lingua galega e á figura de Luísa Villalta, escritora á que se dedica esta celebración en 2024. Os actos comezarán pola mañá cunha felicitación do secretario xeral da... Máis información
-
14Maio2024Miranda reafirma o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Madrid nesta nova lexislatura audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión coas e cos directivos das principais entidades galegas en Madrid. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión coas e cos directivos das principais entidades galegas en Madrid co obxectivo de trazar as liñas de colaboración para os próximos meses e repasar a situación dunha das colectividades galegas máis relevantes... Máis información
Páxinas |