Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo
O secretario xeral da Emigración asistiu á clausura do Ciclo Mestre Mateo e á proxección da película Sirat no Centro Cultural Palacio Libertad.
Salienta que, a través do ciclo, a Xunta puido achegar o cine galego a moitos países da man da colectividade galega.
Grazas ao traballo da Delegación da Xunta en Bos Aires, o ciclo puido presentarse nun referente internacional da cultura tan destacado como o Centro Cultural Palacio Libertad da capital arxentina.
Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo.
Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo.
Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo.
Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo.
Miranda sitúa o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, eloxiou o ciclo de cine Mestre Mateo polo seu labor difusor da cultura galega polo mundo. Miranda asistiu hoxe, xunto ao delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Dobarro, á clausura do ciclo en Arxentina, coa proxección da película Sirat, do cineasta galego Óliver Laxe, no Centro Cultural Palacio Libertad.
Esta iniciativa xurdiu do acordo entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual co obxectivo de achegar o cine feito en Galicia (e, en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo) aos lugares onde hai colectividades galegas importantes. Un total de oito títulos proxectáronse nos últimos meses en Bilbao, Málaga, Barcelona, Berlín, Bruxelas e Lisboa no ámbito europeo; e en destinos de América como Bos Aires, Lima, Montevideo, Newark, Río de Janeiro e Valparaíso.
O secretario xeral salientou que este ciclo foi unha oportunidade moi grande para achegar o cine galego a moitos países do mundo da man da colectividade galega. No caso da Arxentina, grazas á presenza da Delegación da Xunta en Bos Aires, que traballou para poder mostrar o cine nun centro tan importante internacionalmente como o Centro Cultural Palacio Libertad.
Na clausura, o secretario xeral manifestou a súa alegría porque esta iniciativa saíse adiante, xa que contribúe a que todos os galegos que non residen na nosa terra “poidan gozar do que produce o noso cine como se estivesen nela” e porque contribúe a difundir entre máis persoas todo o gran traballo audiovisual realizado en Galicia. Neste sentido, agradeceu a todos os que fixeron posible o ciclo o seu labor durante estes meses.
Novas relacionadas



