Miranda acompaña ás empresas e entidades galegas no Uruguai na Feira Expo Prado 2026
O secretario xeral da Emigración visitou o Pavillón de España na Feira Expo Prado 2026.
Destaca o interese da Xunta por reforzar os vínculos comerciais e culturais co Uruguai.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa visita á Feira Expo Prado 2026, en Montevideo (Uruguai)

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Domínguez, visitou o Pavillón de España na Feira Expo Prado 2026 para acompañar aos representantes das empresas e entidades galegas alí presentes.
Miranda puido coñecer diversas iniciativas de promoción empresarial e institucional, e conversou con representantes da colectividade galega vinculados a distintos sectores económicos. Durante a visita, puxo en valor a presenza da colectividade galega no ámbito económico e empresarial, e valorou a capacidade de emprendemento e desenvolvemento económico que demostran.
Do mesmo xeito, o secretario xeral destacou o interese da Xunta de Galicia por reforzar os vínculos comerciais e culturais co Uruguai e por aproveitar estes espazos de encontro como ponte para novas oportunidades de colaboración.
Novas relacionadas