Miranda salienta a importancia da cooperación institucional para mellorar a atención dos galegos en Venezuela

O secretario xeral da Emigración reuniuse co cónsul xeral de España en Caracas, Ramón Molina.

Trasladoulle ao cónsul o esforzo realizado polo Goberno Galego para acompañar ás familias máis necesitadas, en particular ás afectadas polo terremoto.

  • Miranda salienta a importancia da cooperación institucional para mellorar a atención dos galegos en Venezuela.
    Miranda salienta a importancia da cooperación institucional para mellorar a atención dos galegos en Venezuela.
  • Miranda salienta a importancia da cooperación institucional para mellorar a atención dos galegos en Venezuela.
    Miranda salienta a importancia da cooperación institucional para mellorar a atención dos galegos en Venezuela.
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 22 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia de que a Xunta de Galicia e a Embaixada de España en Venezuela traballen conxuntamente na atención dos galegos e galegas no país.

Miranda reuniuse hoxe na Hermandad Gallega de Venezuela co cónsul xeral de España en Caracas, Ramón Molina. O principal obxectivo do encontro foi seguir traballando na coordinación entre as dúas institucións para seguir mellorando a calidade de vida dos galegos e galegas neste país, de cara a darlles a mellor atención social, en particular ás familias afectadas polo terremoto.

Ademais, Miranda trasladoulle ao cónsul o esforzo realizado pola Xunta durante estes anos para acompañar no proceso de retorno ás familias galegas, actuando tanto no país de procedencia como na súa chegada a Galicia.

29 lecturas