Miranda: “Os centros galegos son a gran referencia viva da nosa terra e da nosa cultura polo mundo”
Reunión de traballo do secretario xeral da Emigración cos presidentes dos centros galegos de Arxentina, en Bos Aires

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, eloxiou hoxe aos centros galegos como a gran referencia para difundir a identidade e a cultura galega por todo o mundo.
Así o fixo hoxe en Bos Aires nunha reunión de traballo cos presidentes dos centros galegos de Arxentina, na que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. No encontro, Miranda puido coñecer de primeira man o traballo e as actividades feitas nos últimos meses en materia cultural e social, así como evaluar o desenvolvemento dos programas do exterior e planificar as accións conxuntas ata final de ano.
Ademais, o secretario xeral reiterou o compromiso da Xunta de seguir apoiando as entidades da colectividade para que continúen sendo referentes de galeguidade no exterior e pontes permanentes de unión con Galicia. Tamén aproveitou para planificar xunto aos presidentes dos centros as accións máis relevantes do próximo Ano Santo Xacobeo.
Na actualidade residen na Arxentina case 550.000 españois, dos cales preto de 200.000 son galegos.
Novas relacionadas