Miranda loa o labor dos centros galegos de Venezuela como núcleos de sustento da rede de atención social á colectividade galega no país
O secretario xeral da Emigración reuniuse cos presidentes dos centros galegos en Venezuela, nun encontro no que tamén participou o cónsul xeral de España en Caracas, Ramón Molina.
Valora de primeira man as necesidades e retos destas asociacións despois do sismo do pasado mes de xuño.
Reafirma o compromiso da Xunta cos galegos e cas galegas do exterior que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.
No que vai de lexislatura, máis de 5.200 persoas recibiron unha Axuda Económica Individual ou unha Axuda de Emerxencia Social.
Miranda loa o labor dos centros galegos de Venezuela como núcleos de sustento da rede de atención social á colectividade galega no país.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, louvou o labor que fan os centros galegos en Venezuela para garantir o sustento da rede permanente de atención social á colectividade galega no país.
Así o fixo Miranda na Hermandad Gallega de Venezuela, onde se reuniu cos presidentes e directivos das diferentes entidades galegas en Venezuela, e previamente cos técnicos das Oficinas de Atención Social dos centros galegos. No encontro, no que tamén participou o cónsul xeral de España en Caracas, Ramón Molina Lladó, o secretario xeral puido avaliar de primeira man a situación destas asociacións para valorar o traballo feito ata agora e as necesidades e retos que afrontan, especialmente tralo terremoto que afectou ao país o pasado mes de xuño, e ver se son necesarias novas actuacións.
O secretario xeral tamén reafirmou o compromiso da Xunta cos galegos e as galegas do exterior que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. O Goberno galego, a través da Secretaría Xeral da Emigración, conta con dúas liñas de axuda para cubrir necesidades básicas aos galegos no exterior en situación de precariedade económica. Por un lado, as Axudas Económicas Individuais, de carácter extraordinario e non periódico; e, por outro, as Axudas de Emerxencia Social, destinadas a paliar situacións de imperiosa necesidade sobrevidas nos derradeiros doce meses.
En 2026, máis de 1.200 persoas beneficiáronse xa de Axudas Económicas. E no que vai de lexislatura, son máis de 5.200 persoas as que recibiron unha Axuda Económica Individual ou de Emerxencia Social.
Novas relacionadas