Miranda salienta a importancia de que a danza galega estea presente nas principais capitais do mundo
O secretario xeral da Emigración asistiu á representación da peza de danza ‘Cicatriz’ no Teatro General San Martín, en Bos Aires, no que tamén participou o conselleiro cultural da Embaixada de España, Roberto Varela.
Trátase dun espectáculo coproducido pola Xunta, a través do Centro Coreográfico Galego, e que chega a Bos Aires da man da Consejería de Cultura da Embaixada de España, co apoio da Secretaría.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Dobarro, asistiron á representación da peza de danza contemporánea Cicatriz no Teatro General San Martín, á que tamén asistiu o conselleiro cultural da Embaixada de España na Arxentina, Roberto Varela.
O secretario xeral resaltou a importancia da representación dunha peza producida en Galicia nunha das principais capitais do mundo, e destacou este evento como unha mostra do bo momento da cultura galega e do seu labor de difusión no exterior.
Dirixida pola coreógrafa cubana con residencia en Galicia Kirenia Martínez Acosta e interpretada polo escritor galego Antón Reixa, esta peza está coproducida por Artestudio-Kirenia Danza e a Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego. A presenza do espectáculo na Arxentina é posible grazas á Consejería Cultural da Embajada de España na República Arxentina, que conta co apoio da Secretaría Xeral da Emigración.
Novas relacionadas







