Mensaxe de estado
Non se puido atopar a páxina solicitada.
Novas
-
24Maio2026
A Xunta reforza a súa colaboración co Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración
audio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo un encontro coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
Cun financiamento por parte do Goberno autonómico de 50.000 euros, o Consello da Cultura Galega organizará neste 2026 exposicións ou publicacións sobre a emigración, ademais de avanzar na conservación de material documental.
Nunha xuntanza na que tamén estivo o secretario xeral da Emigración e o...
Máis información
-
23Maio2026
A Xunta destaca o labor do lar gallego de Sevilla na divulgación da tradición e da música popular galega
audio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou a sede do Lar Galego de Sevilla e posteriormente asistirá ao concerto Xacobeo 27, un camiño pola cultura galega con motivo do 25 aniversario do grupo de gaitas deste centro.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, felicitou hoxe ao Lar Galego de Sevilla polo seu labor na divulgación das tradicións galegas en Andalucía, unha das comunidades con maior...
Máis información
-
23Maio2026
A Xunta pon en valor en Fisterra a emigración como parte da memoria colectiva e do ADN dun pobo que soubo levar Galicia polo mundo
audio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun acto de homenaxe á emigración organizado polo Concello de Fisterra, no que tamén tomou parte o alcalde, Luis Ínsua, e a concelleira de Cultura, Susana Rodríguez.
“Houbo un tempo no que esta terra despedía aos seus fillos; hoxe Galicia é unha terra preparada para recibilos, acompañalos e ofrecerlles oportunidades”, asegurou Miranda.
O secretario xeral da Emigración...
Máis información
-
22Maio2026
Rueda pon en valor os vínculos xacobeos entre Galicia e Canarias e reivindica o próximo Ano Santo como unha oportunidade única para visitar a comunidade
audio
O presidente da Xunta visitou a Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria e participou nun almorzo institucional sobre o Camiño de Santiago.
Invita aos canarios e aos galegos residentes nas illas a achegarse e participar no Xacobeo 2027, un evento que será histórico.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor os vínculos xacobeos que unen a Galicia e Canarias, xa que “o fenómeno xacobeo vai moito máis alá das nosas fronteiras...
Máis información
-
22Maio2026
Rueda visita o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife
audio
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife.
Máis información
-
21Maio2026
A Delegada da Xunta en Uruguai participa nas celebracións das Letras Galegas en Montevideo para reafirmar o compromiso coa cultura galega
audio
A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou esta fin de semana nos distintos actos organizados pola colectividade galega de Montevideo con motivo do Día das Letras Galegas, unha celebración que volveu poñer de manifesto o compromiso das entidades galegas no exterior coa promoción da lingua, da cultura e das tradicións da nosa terra. A representante da Xunta asistiu en primeiro lugar ao acto organizado polo Centro...
Máis información
-
21Maio2026
A Xunta procurará o retorno de 200 galegos do exterior investindo 2,3 m€ na terceira edición do programa Retorna Cualifica Emprego
audio
Este programa xa permitiu que 400 galegos cunha idade media de 35 anos voltaran desde 21 países diferentes, acompañados moitos deles por familiares —en total, outras 160 persoas—, e que traballan en 60 concellos de toda Galicia.
Búscanse resultados pegados a cada territorio detectando as necesidades de man de obra e afinando a selección en orixe das persoas con vontade de volver a Galicia ocupando esas vacantes, ofrecéndolles formación para...
Máis información
-
19Maio2026
A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
audio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede de Vigo da Oficina integral de retorno dentro das actividades da Semana da Administración Aberta.
González expón que esta atención contribúe a froitos na área viguesa como as preto de 120 achegas extraordinarias ao retorno concedidas ou os máis de 20 proxectos de autoemprego apoiados no 2025 a persoas retornadas.
Ademais da sede de Vigo, esta oficina conta con outras na Coruña,...
Máis información
-
17Maio2026
Rodríguez Miranda anima á colectividade galega do exterior a manter viva a lingua galega no Día das Letras Galegas
audio
No Día das Letras Galegas, Antonio Rodriguez Miranda envía unha mensaxe moi especial á colectividade galega no exterior desde o Instituto Audiovisual de Vigo, lembrando a figura de Begoña Caamaño e a importancia de manter viva a nosa lingua en todo o mundo.
“Falade en galego. Aos vosos fillos, aos vosos netos… sempre unha palabra de agarimo en galego”.
Porque o galego é identidade, memoria e futuro.
E cada palabra en galego é unha forma de...
Máis información
-
15Maio2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese en Bos Aires co embaixador de España en Arxentina
audio
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, foi recIbido hoxe na embaixada española en Bos Aires polo embaixador de España en Arxentina, Joaquín Arístegui.
Durante a xuntanza, intercambiaron impresións sobre a situación da comunidade galega no país e especialmente na capital federal.
Máis información