XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas

Consello de Comunidades Galegas

En cumprimento do establecido no artigo 16 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, e en desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, celebrarase o venres 22 e o sábado  23 de setembro do presente ano 2023, en Ourense, o XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas.