Comisión Delegada
A Comisión Delegada funciona como órgano permanente do Consello de Comunidades Galegas e reunirase en sesión ordinaria una vez ao ano e en sesións extraordinarias cando a persoa titular da Presidencia o considere necesario pola transcendencia dos asuntos que se vaian tratar ou cando o solicite a metade, ao menos, dos seus membros.
Atribucións:
Asumir as funcións que corresponden ao Pleno do Consello de Comunidades Galegas no período en que este órgano non estea reunido
Preparar as sesións do Pleno, tanto ordinarias como extraordinarias, fixando os relatorios que se deban estudar e discutir nel
Someter á aprobación do/a presidente/a aqueles asuntos que os membros da Comisión consideren que deben ser incluídos na orde do día, tanto do Pleno como da Comisión Delegada
Elaborar a memoria anual que preceptúa o artigo 43.1.c) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, tendo en conta a proposta presentada polo órgano competente en materia de emigración da Xunta de Galicia
Elaborar informes e consultas previos á aprobación polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia do recoñecemento da galeguidade ás entidades galegas asentadas fóra de Galicia. Estes informes e consultas elevaranse ao órgano competente en materia de emigración da Xunta de Galicia
Manter a comunicación coas comunidades galegas e recoller aqueles asuntos que sexan considerados de interese polas comunidades galegas da súa área xeográfica específica e dar traslado deles ao órgano competente en materia de emigración da Xunta de Galicia
Informar as comunidades galegas de todos aqueles asuntos relacionados co ámbito da emigración e da galeguidade
Informar o Pleno do Consello de Comunidades Galegas das actuacións desenvolvidas durante o seu período de funcionamento
Aquelas outras funcións que lle sexan delegadas polo Pleno do Consello de Comunidades Galegas