Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Febreiro2021A Xunta convoca as axudas para apoiar a contratación dun cento de persoas en risco de exclusión a través das empresas de inserción laboral audio A Consellería de Emprego e Igualdade destina 800.000€ a este programa que se atopa dentro da Estratexia Galicia Retorna. Apóiase o mantemento do custo salarial dos traballadores e traballadoras e os custos para o inicio de actividade, a formación ou a creación de novos postos de traballo para persoas en proceso de inserción laboral. A Xunta aposta polo emprego inclusivo a través da nova Axenda 20 destinando en 2021 á economía social máis de 33M... Máis información
-
21Febreiro2021A Xunta impulsa a atracción e retención de talento en Galicia ao colaborar con 2M€ na contratación de máis de 100 profesionais de alta cualificación en actividades de I+D+i audio Estes programas, incluídos na Estratexia Galicia Retorna, axudan a contribuír ao regreso dos galegos e galegas do exterior con experiencia e alta cualificación. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación activa dous programas para fomentar o emprego cualificado e nos que primará os contratos de máis longa duración, o salario que se percibirá, a existencia de plans de formación nas empresas e o acceso da muller ao... Máis información
-
20Febreiro2021Emigración ofrece un titorial sobre o certificado UNEDasiss e as probas de competencias específicas de estudantes estranxeiras e estranxeiros da UNED audio A Universidade a Distancia abre o prazo para solicitar a inscrición a estas probas o próximo luns día 22. A Acreditación UNEDasiss é un certificado dixital que permite ao alumnado participar nos procesos de admisión á universidade española. O titorial foi impartido polo director da UNED de Ourense, Jesús Manuel García, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. A Secretaría Xeral da Emigración ofrece na súa páxina... Máis información
-
19Febreiro2021Emigración concedeu un total de 94 axudas para a posta en marcha de proxectos de galegas e galegos retornados emprendedores audio Por provincias, 42 montaron o seu negocio en A Coruña, 35 en Pontevedra, 12 en Ourense e 6 en Lugo. Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados que crearon proxectos empresariais apoiados a través da Xunta de Galicia. O secretario xeral da Emigración anunciou que a nova liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados sairá proximamente cunha liña especial a causa da covid-19. O Diario Oficial de... Máis información
-
19Febreiro2021O especial “Historias de ida e volta”, no que colabora a Secretaría Xeral da Emigración, dedica esta entrega a amosar o lecer na emigración audio Festas, xantares, competicións deportivas, representacións teatrais..., foron moitas e moi variadas as formas de socialización dos nosos e as nosas emigrantes. Integrábanse en colectividades e sociedades a través das que organizaban actividades para pasar o tempo libre á vez que mantiñan vivos os vínculos coa terra. A quinta entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega en... Máis información
-
18Febreiro2021Economía e Emigración destacan a importancia de implementar medidas complementarias a nivel económico para o retorno dos galegos e galegas do exterior audio O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron nas últimas horas unha reunión de traballo para impulsar novas medidas complementarias a nivel económico que permitan unha mellor integración das galegas e galegos do exterior que queren retornar a Galicia. Neste encontro ambos responsables autonómicos destacaron a importancia... Máis información
-
17Febreiro2021Emigración incrementa ata os 2,2M€ as axudas para as e os galegos retornados ante as circunstancias covid audio En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina alomenos 500.000 euros ao reforzo destes apoios económicos ante a situación xerada pola pandemia entre este colectivo. Antonio Rodríguez Miranda recorda que se trata de dúas liñas de axudas, unha destinada a gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno, e outra de apoio polas dificultades de inserción sociolaboral no actual contexto covid. O Diario Oficial de Galicia... Máis información
-
16Febreiro2021Miranda anuncia o desenvolvemento dun novo obradoiro de lingua e cultura galegas dentro da Aula GaliciaAberta audio O secretario xeral da Emigración adiantou a través dunha videoconferencia emitida en directo a través do Facebook Live de GaliciaAberta que a nova proposta comezará a emitirse o próximo xoves, día 18. As sesións correrán a cargo de Reverso Comunicación e transmitíndose pola mesma rede social luns e xoves ás 20 horas da tarde de España ata o próximo 13 de maio. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou a través dunha... Máis información
-
15Febreiro2021A Consellería de Vivenda e a Secretaría da Emigración destacan a eliminación de barreiras nos seus programas para as e os emigrantes retornados audio A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron nas últimas horas unha reunión de traballo para impulsar novas medidas complementarias que permitan unha mellor integración dos galegos e galegas do exterior que queren retornar a Galicia. Neste encontro destacouse tamén a superación das barreiras para o acceso á vivenda protexida por parte das e... Máis información
-
15Febreiro2021O certame 'Lingua de namorar' da Xunta, no que poden participar as mozas e mozos galegos do exterior, actualízase con novidades en Instagram na súa décima edición audio O concurso de declaracións de amor en galego na rede no que pode participar a mocidade dos 14 aos 35 anos incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva para a rede social. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantiveron unha videorreunión con Esther Estévez, presentadora do #DígochoEu. Lingua de namorar, o certame de declaracións de... Máis información
Páxinas |