Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Setembro2025Rueda reivindica en Oviedo a irmandade histórica entre Galicia e Asturias e aposta pola cooperación fronte aos desafíos presentes e futuros audio O presidente do Goberno galego asiste á celebración do Día de Galicia en Asturias. Destaca a importancia do Camiño Primitivo como un dos principais símbolos de unión entre ambos territorios, con máis de 21.000 peregrinos no que levamos de ano, un 12% máis que o ano anterior. Apela a sumar esforzos en áreas como a defensa do mar e da pesca, o impulso das enerxías limpas, a aposta por unha industria forte e a loita contra o reto demográfico.... Máis información
-
13Setembro2025Miranda na XV Xuntanza de Centros Galegos do sur de España: “A forza dos galegos fóra de Galicia vese na súa unidade e no seu compromiso coa nosa cultura” audio O encontro reuniu no Porto de Santa María a representantes dos centros galegos de Andalucía, Extremadura e Ceuta, reforzando os lazos culturais e asociativos entre as entidades. A Xunta destaca o compromiso dos galegos fóra de Galicia para manter viva a cultura galega e promover o vínculo coa terra de orixe. O secretario xeral da Emigración participou esta fin de semana na XV Xuntanza de Centros Galegos de Andalucía, Extremadura e Ceuta,... Máis información
-
12Setembro2025Miranda mantén en Sevilla un encontro co Consejero de Turismo e Andalucía Exterior da Junta de Andalucía e o director xeral de Andalucía Global para reforzar a cooperación institucional en materia de emigración e retorno audio A reunión permitiu afondar na colaboración entre Galicia e Andalucía no eido da emigración e do retorno, nun clima de cordialidade e sintonía institucional. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Sevilla unha reunión de traballo co Consejero de Turismo e Andalucía Exterior da Junta de Andalucía, Arturo Bernal e co director xeral de Andalucía Global, Jorge Vázquez Calderón, co obxectivo de afondar na... Máis información
-
11Setembro2025Miranda traslada ao presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba o apoio da Xunta á comunidade galega na Illa audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, Sergio Toledo, para trasladarlle o apoio da Xunta á comunidade galega na Illa. Este encontro subliña o compromiso continuo da Xunta de Galicia e da Federación para preservar e promover a cultura e o benestar da comunidade galega na Illa. Miranda destacou a importancia de manter e potenciar a cultura galega, subliñando... Máis información
-
09Setembro2025A Xunta publica a concesión das 250 bolsas BEME para galegos do exterior que realizarán este curso un mestrado nunha das tres universidades públicas audio As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior -BEME-, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante o período académico en Galicia. En canto á distribución das persoas beneficiarias por universidades, 92 estudantes realizarán os seus mestrados na Universidade de Vigo, 87 na Universidade de Santiago de Compostela e 71 na Universidade da Coruña... Máis información
-
07Setembro2025Miranda no 115º Aniversario da Sociedade de Vedra en Bos Aires: “A galeguidade está máis viva ca nunca grazas a entidades como esta" audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o compromiso desta entidade coa preservación da cultura galega e a transmisión interxeracional da cultura. A Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires celebrou hoxe o seu 115 aniversario cunha festa na súa sede social, que contou coa participación do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen trasladou en nome da Xunta de Galicia o recoñecemento ao... Máis información
-
06Setembro2025Miranda: “O empresariado galego no exterior é clave para proxectar Galicia no mundo” audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), cos que abordou liñas de colaboración. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde en Montevideo un encontro institucional coa Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), no marco da súa viaxe oficial ao país para reforzar os vínculos coa colectividade galega. A reunión tivo... Máis información
-
06Setembro2025Miranda no 75º Aniversario do programa radiofónico de Montevideo “Sempre en Galicia”: “É a voz da Galicia emigrada e un faro da cultura durante xeracións” audio Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, asistiu ao acto de homenaxe celebrado no Auditorio Vaz Ferreira en Montevideo, que reuniu a membros da colectividade galega e representantes culturais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este venres no acto de celebración do 75º aniversario do emblemático programa radiofónico “Sempre en Galicia”, o mais lonxevo de todo o mundo de emisión radiofónica... Máis información
-
05Setembro2025Miranda na Expo Prado de Montevideo: “A comunidade galega no Uruguai tamén é motor económico e ponte de oportunidades” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na xornada deste venres na principal feira agroindustrial de Uruguai, Expo Prado, para coñecer de primeira man a presenza española e galega e acompañar á colectividade e ao empresariado galego presente no país. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este venres na feira internacional Expo Prado 2025, que se celebra estes días en Montevideo,... Máis información
-
04Setembro2025Miranda reúnese cos presidentes dos Centros Galegos de Bos Aires na Embaixada de España: “A colectividade será protagonista da Galicia que queremos mostrar ao mundo no Saborea Galicia Calidade” audio O secretario xeral da Emigración participou xunto o embaixador de España en Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborde, e o delegado da Xunta de Galicia no país, Alejandro López Dobarro nun encontro cos presidentes das principais entidades galegas na capital arxentina para presentarlles as actividades que se desenvolverán en outubro no marco do programa "Saborea Galicia Calidade". O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
Páxinas |









