Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
07Outubro2025Miranda aborda co presidente da FECEVE a situación actual da comunidade española e galega en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela (FECEVE), Roberto González, na que ambos analizaron a situación actual da colectividade española e galega residente neste país, así como as necesidades máis urxentes que presentan no ámbito socio-asistencial. Durante o encontro, Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia cos... Máis información
-
06Outubro2025Miranda dá a benvida en Vigo aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia", un retorno cheo de emocións e recordos audio Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 6 ao 16 de outubro. Os participantes, cunha media de idade de 79 anos, teñen máis de 65 anos e proceden de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina, Bolivia, México e Uruguai. Entre eles atópase un galego de 100 anos residente en Cuba, que regresa para reencontrarse coa súa terra. Todos estarán aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de... Máis información
-
04Outubro2025O delegado da Xunta en Bos Aires participa na Comisión de Cultura da Lexislatura no proxecto para declarar a Luz Casal “Huésped de Honor” audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, asistiu á reunión da Comisión de Cultura da Lexislatura da Cidade Autónoma, presidida pola deputada Cecilia Ferrero, na que se tratou o proxecto de declaración de “Huésped de Honor” para a recoñecida artista galega Luz Casal. Esta iniciativa foi presentada pola deputada Silvia Imas. Durante a súa intervención, destacou os méritos artísticos e persoais de Luz Casal,... Máis información
-
03Outubro2025Miranda recibe en Pontecesures a 42 peregrinos da Irmandade Galega de Rubí que realizan o Camiño Portugués pola Variante Espiritual audio O secretario xeral tamén puxo en valor o papel da Irmandade Galega de Rubí “como exemplo do labor que as entidades galegas realizan en Cataluña, para manter vivas as nosas tradicións e fortalecer a identidade galega alí onde hai galegos”. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, deu a benvida este venres en Pontecesures a un grupo de 42 peregrinos da Irmandade Galega de Rubí que están a realizar o Camiño Portugués pola súa... Máis información
-
01Outubro2025Miranda: "Máis de 30.000 galegos retornados de 60 países diferentes recibiron un apoio personalizado de emigración desde que se puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna" audio O secretario xeral da Emigración reclamou ao Goberno central que converta o retorno nunha política de Estado, do mesmo xeito que en Galicia xa é unha política de país. “A nosa comunidade pasou de ser terra de emigración a consolidarse como terra de retorno e de acollida”. As axudas extraordinarias xa apoiaron a máis de 6.200 familias retornadas, procedentes de máis de 60 países, con 16 millóns de euros. O Retorno Emprendedor leva mobilizados... Máis información
-
30Setembro2025Miranda: “Os galegos son os grandes embaixadores do Camiño de Santiago en todo o mundo” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Fernando Eisenberg Bugallo, fundador da Asociación Cultural Galega do Centro Español de Porto Alegre, así como responsable da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS). A reunión permitiu afondar na colaboración entre estas entidades e a Xunta de Galicia, coñecendo de primeira man o labor que desenvolven a prol da... Máis información
-
29Setembro2025Os delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai manteñen encontros cos participantes do programa “Reencontros con Galicia” antes das viaxes a súa terra audio Os delegados da Xunta en Bos Aires e Montevideo, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, respectivamente, mantiveron encontros cos participantes do programa Reencontros con Galicia, antes das súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos e galegas residentes en Arxentina e Uruguai poidan regresar a Galicia, reforzando así os lazos coa súa terra natal. Alejandro López Dobarro destacou, durante a reunión en Bos... Máis información
-
28Setembro2025A Xunta enxalza no 85 aniversario da Casa de Galicia de Nova York o labor desta entidade en prol da conservación e difusión da galeguidade nos EEUU audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou no acto de conmemoración do 85 aniversario da Casa de Galicia de Nova York. José González salientou o papel referente deste centro, que conta con arredor dun milleiro de persoas socias, no acompañamento á comunidade galega nos Estados Unidos, onde residen máis de 24.000 persoas. Destacou o apoio do Goberno galego á promoción que realiza esta entidade nas escolas de baile... Máis información
-
27Setembro2025A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou o Centro Ourensán e o Club España de Newark no marco da súa primeira viaxe oficial aos Estados Unidos. José González celebrou a oportunidade de coñecer de primeira man a actividade destas entidades, co fin de afianzar lazos de cara a apoiar a comunidade galega nesa contorna e para preservar a nosa cultura e tradicións. A viaxe enmárcase na necesidade de manter o contacto cos galegos do... Máis información
-
27Setembro2025O espectáculo de clausura do Obradoiro da Xunta de Galicia de pandeireta e canto galego reúne en Montevideo preto de cen alumnos para demostrar o aprendido ao longo do curso audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao espectáculo de clausura do Obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego, no que preto dun cento de alumnos demostraron o aprendido ao longo do curso. Este taller, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración, contou coa participación das formadoras principais. A actividade forma parte do esforzo conxunto por manter viva a cultura galega entre a colectividade no Uruguai e... Máis información
Páxinas |









