Novas
Buscador
- As e os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración inician a súa formación no Centro Superior de Hostalería de Galicia 06.07.2023 audio Esta mañá tivo lugar a inauguración deste programa que ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña nos centros galegos do exterior. Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de... Máis información
- Miranda recibe ás e aos participantes no programa Escolas Abertas que comeza mañá xoves no Centro Superior de Hostalería de Galicia 05.07.2023 audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega. Durante unha semana, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibirán tamén a visita de recoñecidas e... Máis información
- A colectividade galega e a Delegación da Xunta no Uruguai celebraron o día de San Xoán con diferentes encontros sociais e culturais 04.07.2023 audio A Delegación da Xunta no Uruguai participou nas diferentes actividades organizadas co gallo do Día de San Xoán polas entidades galegas neste país do Cono Sur. A delegada, Elvira Domínguez, puido asistir a varias delas para mostrar o apoio da Xunta ao labor en prol da cultura galega destes centros. Entre outras entidades, celebráronse encontros... Máis información
- Miranda agradece o traballo en prol da colectividade galega en Mar del Plata (Arxentina) ao Centro Gallego no seu 71º aniversario 03.07.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte ao 71º aniversario do Centro Gallego de Mar del Plata, felicitando aos seus socios e socias e simpatizantes polo traballo realizado ao longo de todos estes anos en prol da colectividade galega nesta cidade arxentina. No acto, no que Rodríguez Miranda asinou no libro de... Máis información
- Miranda asiste á Gala do Mes de Galicia que organiza o Centro Galicia de Bos Aires 02.07.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á Gala do Mes de Galicia que organizou o Centro Galicia de Bos Aires na sala Valle Inclán da capital arxentina. No acto estivo tamén presente o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro. A festa, en homenaxe a Galicia, contou coa participación das escolas... Máis información
- Miranda analiza coas entidades galegas en Bos Aires o traballo realizado nos últimos meses en prol da colectividade 02.07.2023 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos centros galegos de Arxentina aos que agradeceu, xunto á Delegación da Xunta en Bos Aires, a atención prestada ás e aos residentes no país así como o traballo en prol da difusión da nosa cultura. Aproveitou o encontro para pedir a colaboración das entidades na difusión das diferentes liñas de... Máis información
- Miranda mantén un encontro coas e cos directivos da Casa de España en Río de Xaneiro, aos que agradeceu a colaboración para a atención social dos galegos e galegas residentes nesta localidade brasileira 01.07.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 25.000 euros a esta entidade co obxectivo de apoiar a súa oficina de información e asesoramento así como o seu centro de día para maiores. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo nas últimas... Máis información
- Rueda destaca o “Novo Rexurdimento” dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que queiran visitar, vivir ou investir nela 30.06.2023 audio Incide en que a Estratexia Galicia Retorna é unha aposta de país, dirixida a facilitar o regreso dos galegos e galegas no exterior, que está a ser un auténtico referente para outras comunidades de España. Salienta a “Galicia potente” que é quen de acumular unha vintena de proxectos industriais con enorme capacidade tractora e superar as... Máis información
- Miranda visita a Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro dedicada á atención socio asistencial das e dos maiores galegos 30.06.2023 audio A Secretaría Xeral da Emigración vén de destinar 20.000 euros, a través dun acordo de colaboración, a esta entidade co obxectivo de contribuír na mellora do benestar social e da calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo... Máis información
- Remata a primeira parte do Ciclo Mestre Mateo, que achegou o cine galego ata oito centros do exterior en España, Europa e América 30.06.2023 audio Os centros galegos do exterior que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 proxectaron, durante os pasados dous meses, catro producións audiovisuais galegas (dúas películas e dous documentais), dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permitiu... Máis información
Páxinas |









