A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, destaca a importancia dos xogos de salón para manter a unión entre a colectividade galega
- Imaxe da xornada de inicio das 48º Olimpiadas de Juegos de Salón da Liga Española Deportes del Uruguay

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao inicio das 48ª Olimpiadas de Juegos de Salón da Liga Española Deportes del Uruguay, na que participan as entidades galegas Centro Gallego de Montevideo, o Centro Pontevedrés, A Casa de Galicia, o Club Social CUTCS e o Centro Alma Gallega, entre outras.
A delegada destacou a importancia que este tipo de iniciativas teñen para manter a unión entre a colectividade galega e española no Uruguai e agradeceu o labor de Martín Rodríguez Caridad, actual presidente da Federación de Asociaciones Gallegas en el Uruguay, pola súa dedicación a organizar esta actividade dende fai catro décadas. O inicio da liga de deportes desenvolveuse este ano en dúas institucións dada a alta participación na mesma, superando as 300 persoas inscritas.
Novas relacionadas