A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao 144º aniversario do Centro Gallego de Montevideo
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de homenaxe ao Centro Gallego de Montevideo co gallo do seu 144º aniversario, que tivo lugar no polideportivo de Carrasco.
Durante o evento, a delegada da Xunta estivo acompañada de outras autoridades españolas como o encargado de negocios da embaixada de España, Carlos Domínguez, ou a consejera de Trabajo y Seguridad Social, Isabel de Zulueta. Elvira Domínguez destacou a colaboración da institución coa Xunta de Galicia para coidar e apoiar a colectividade residente no país do Cono Sur. As e os asistentes puideron desfrutar da actuación de conxuntos artísticos da institución, así como da entrega de medallas de ouro e prata aos socios e socias con 50 e 25 anos de antigüidade.
Novas relacionadas