Rodríguez Miranda interésase nos proxectos previstos polo décimo aniversario da Casa de Galicia en Alcorcón
A secretaria da entidade, Carmen Lamas, compartiu co secretario xeral da Emigración as actividades previstas por esta entidade, a máis nova da comunidade madrileña.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Alcorcón, Carmen Lamas, coa que falou, entre outros temas, dos proxectos previstos polo décimo aniversario deste centro galego.
Esta entidade, que conta cunha ampla actividade cultural, é o centro máis novo da comunidade madrileña. De feito, este encontro serviu, entre outras cuestións, para falar dos proxectos que a actual directiva ten previstos realizar con motivo da celebración do seu décimo aniversario, que terá lugar o vindeiro ano 2024.
Miranda animou así á directiva a que continúe nesa senda de traballo e que aproveite esta celebración para gañar impulso e continuar pondo en valor a cultura galega.
Novas relacionadas