O secretario xeral da Emigración comprométese co presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo en asistir ao seu aniversario
José Vidal, presidente desta entidade social e deportiva, convidou a Rodríguez Miranda aos seus actos de aniversario, que terá lugar a finais de outubro.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a José Vidal, presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo con quen analizou as actividades do centro para os próximos meses, así como as realizadas ao longo de todo este ano.
O máximo representante desta entidade social e deportiva, que continúa a ser un referente para a colectividade do Uruguai, aproveitou para convidar persoalmente ao secretario xeral aos actos polo aniversario do centro, que terán lugar a finais do mes de outubro. Pola súa banda, Rodríguez Miranda comprometeuse en visitar á colectividade do Uruguai e, como non, a participar nesta celebración.
Novas relacionadas