Emigración destaca a figura de Antonio Palacios como afianzador da identidade galega a través da arquitectura
Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a mostra “Construír a paisaxe” realizada pola artista Amelia Palacios, sobriña-bisneta do famoso arquitecto galego, co gallo do 150º aniversario do seu nacemento.
O secretario xeral da Emigración agradeceu a iniciativa posta en marcha pola Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid, FAGAMA.
- Imaxe da inauguración en Madrid da mostra "Construír a paisaxe. Apuntamentos e obras sobre a arquitectura de Antonio Palacios"

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura de Antonio Palacios pon en marcha a Casa de Galicia en Madrid da man da artista e sobriña-bisneta do arquitecto galego, Amelia Palacios.
O responsable de Emigración estivo acompañado de numerosas e numerosos responsables de centros galegos en Madrid, agradecendo especialmente a FAGAMA, a Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid, a posta en marcha desta iniciativa, "que permite pór en valor a un dos artistas e profesionais galegos máis relevantes da nosa recente historia".
Destacou a importancia desta mostra coa que se inician aos actos de homenaxe ao arquitecto do Porriño polo 150º aniversario do seu nacemento, destacando a importancia que Palacios tivo para enriquecer a arquitectura galega, “xa que axudou a afianzar a súa identidade, especialmente en Madrid, onde realizou diversos edificios de relevancia internacional”.
A exposición, composta por diferentes cadros e debuxos que recrean os perfís dos principais edificios realizados por Antonio Palacios na capital española, poderase visitar na Casa de Galicia de Madrid entre o 5 e o 29 de setembro.
Novas relacionadas