Representantes de Casas de Galicia de Barcelona e do Centro Galego de Tarragona reúnense co secretario xeral da Emigración
Marisol Pérez e Manoel Carrete aproveitaron o encontro para facer balance das actividades deste primeiro semestre nas súas respectivas entidades.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a Marisol Pérez, secretaria de Casas de Galicia de Barcelona, e a Manoel Carrete, vicepresidente de cultura do Centro Galego de Tarragona.
Ambos representantes mantiveron un encontro para facer balance das actividades que levaron a cabo durante o primeiro semestre do presente ano. Miranda aproveitou a ocasión para agradecer a todas e todos os directivos e asociados o esforzo realizado despois de que nos anos 2021 e 2022 estas entidades catalás tivesen incrementado a súa actividade para promocionar e desenvolver actos co gallo do Xacobeo. Como Centros Promotores do Camiño de Santiago, o secretario xeral animou a continuar esa senda, posto que servirá como dobre factor: por unha banda, pór en valor o traballo das entidades e que así continúen a acoller á colectividade e, por outra, promocionar e dar a coñecer a nosa comunidade.
Novas relacionadas