Novas
Buscador
-
Mato ofrece o apoio da Xunta os mozos e mozas da Galicia exterior e aposta por fomentar o seu intercambio coa xuventude residente na comunidade
17.12.2009
audio
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe o primeiro Congreso da Xuventude Galega no Exterior, que se celebrou esta mañá en Bos Aires. A titular do departamento autonómico animou á mocidade a completar a súa formación académica coa adquisición de habilidades laborais, a través de intercambios e educación non formal.... Máis información
-
Feijóo propón aos mozos descendentes de galegos unha galeguidade "que non exclúa patrias, que as inclúa"
17.12.2009
audio
“Nunca deixedes de soñar, porque a Galicia que vos espera, primeiro foi un soño na mente dos nosos antepasados”, asegurou o titular da Xunta no primeiro congreso de descendentes de galegos. O presidente galego asegura que os descendentes dos emigrantes son os “embaixadores do futuro”, e a personalización dun “porvir feito de culturas que se... Máis información
-
Santiago Camba pon fin ao IX Consello de Comunidades Galegas en Uruguai "semente da Galicia sen fronteiras"
14.12.2009
audio
O consello- máximo órgano representativo das comunidades galegas asentadas no exterior- celebrouse entre o 6, 7 e o 8 de decembro e congregou a 135 representantes das comunidades galegas no exterior. Camba sinalou que esta etapa que ven de abrir caracterizarase pola ampliación dos dereitos sanitarios “é o comezo dunha etapa onde asentaremos,... Máis información
-
Santiago Camba clausura, en Uruguai, o programa de experto en Xestión Financeira
14.12.2009
audio
Formación de postgrado de alta calidade para emigrantes galegos e os seus descendentes residentes no exterior. O Presidente da Fundación Galicia Emigración- e Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia- Santiago Camba Bouzas, clausurou o Programa de Experto en Xestión financeira celebrado, dende o pasado mes de abril, en Montevideo-... Máis información
-
Santiago Camba abre o IX Pleno do Consello de Comunidades Galegas "a mellor unidade operativa para facerse escoitar arredor dunha orixe común e fecunda"
07.12.2009
audio
O secretario xeral da Emigración no seu discurso inaugural remarcou a idea de “facer unha galeguidade de todos e para todos”, integrando novos dereitos dos galegos residentes no exterior. Apelou a establecer un período de reflexión e debate sobre a “adecuación da Lei da Galeguidade e abrir este dereito a novas entidades con acreditada experiencia... Máis información
-
A Comisión Delegada do IX Consello de Comunidades Galegas centrou as bases de actuación do goberno galego para a emigración no 2010-2012
06.12.2009
audio
Santiago Camba e expuxo ante a Comisión as liñas que se porán en marcha, así como a análise das accións contempladas no Plan Integral da Emigración 2010-2012 e que serán executadas ao longo do ano 2010. Os membros que conforman este órgano reuníronse no centro galego de Montevideo, que ven de celebrar o seu 130º aniversario e é hoxe a entidade... Máis información
-
Feijóo invita os arxentinos a visitar Galicia no Xacobeo 2010 ao inaugurar unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago
06.12.2009
audio
Se un dos obxectivos da visita oficial do presidente da Xunta a Arxentina era promover o Xacobeo, este é o labor dunha exposición itinerante, 'Miradas', que recolle diferentes visións sobre o Camiño de Santiago. Se un dos obxectivos da visita oficial do presidente da Xunta a Arxentina era promover o Xacobeo, este é o labor dunha exposición... Máis información
-
Feijóo destaca "a mellora dos lazos institucionais e económicos, a difusión do Xacobeo e o fortalecemento do afecto coa colectividade" como os tres obxectivos prioritarios da súa viaxe
06.12.2009
audio
O mandatario galego inicia en Salvador de Bahía o seu periplo por terras de Brasil, Arxentina e Uruguai. Sinala que con países como Brasil existe xa “un intercambio en importacións e exportacións” que beneficia á nación sudamericana e que, polo tanto, “pódese exportar moito máis a este gran pais”. Manifesta o seu desexo de poder “ensinar e animar... Máis información
-
Feijóo destaca que a tarxeta sanitaria para a emigración é unha garantía real do dereito a unha asistencia sanitaria universal para todolos galegos
06.12.2009
audio
Alberto Núñez Feijóo visitou hoxe a Real Sociedade Espanhola de Beneficencia-Hospital Espanhol de Salvador de Bahía, onde asinou no Libro de Honra e inaugurou o novo auditorio “Galicia 2010”. Subliña que esta medida “dá cumprimento a un compromiso electoral” que defende a aprobación, por primeira vez, dunha tarxeta sanitaria para todos os... Máis información
-
O presidente da Xunta sinala que o principal obxectivo da súa viaxe a Arxentina é manter os lazos da cultura galega
06.12.2009
audio
Alberto Núñez Feijóo inicia mañá a súa viaxe a Arxentina, logo da súa estadía en Salvador de Bahía (Brasil). O mandatario galego manterá unha xuntanza con mozos e mozas descendentes de galegos aos que lles pedirá que manteñan viva a semente da galeguidade e da cultura galega. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que o... Máis información
Páxinas |