Emigración incrementa a súa aportación para actuacións con entidades locais respecto do 2009

A reducción das contías dos convenios que atenden ás Oficinas de Atención ao Inmigrante veñen derivadas do recorte nun 50% do goberno central do Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes.

Mentres que o executivo central reduce a súa aportación nun 50%, a Xunta o duplica.

Listen to this page using ReadSpeaker
24 de febreiro de 2010.

Desde a Xunta de Galicia- consecuentes coas necesidades de inserción sociolaboral do inmigrante, da súa mellor información e asesoramento- renovaranse os convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e cada un dos sete grandes concellos de Galicia, por importe de 60.000€.

Con esta medida, o departamento que dirixe Santiago Camba, equiparará as contías conveniadas, que teñen por obxecto dotar ás Oficinas de Atención ao Inmigrante de persoal especializado en inmigración e estranxeiría- esto é, un licenciado en dereito e mais un asistente social- custes de contratación, que, se entende desde Emigración, haberían de ser idénticos en tódalas cidades.

Drástica reducción estatal nas políticas de atención ao inmigrante
Doutra banda, a Secretaría Xeral da Emigración, insta ao concello de Vigo a reclamar ao goberno central e esixir explicacións a actual Secretaria de Estado e Inmigración, Consuelo Rumí, quen recortou nun 50% o Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes, do que depende o Plan de Acción para a Inmigración e no que se enmarcan estas Oficinas.

A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración xustifica que a reducción vén “dun axuste orzamentario” nas partidas “onde os datos din hai unha previsión menor do gasto debido ao descenso na chegada de inmigrantes", cando a poboación estranxeira ten crecido no 2009, nun 7,1%, segundo cifras aportadas pola propia Rumí na conferencia que impartía o pasado luns no Club Siglo XXI.

Daí, que unha vez máis o goberno da Comunidade Autonóma, teña que facer un esforzo orzamentario, onde o goberno de Madrid non chega.

Máis fondos da Xunta para as entidades locais
Así, a Xunta en aras de manter un equilibrio orzamentario, vese na obriga de redobrar esforzos, duplicando os fondos destinados a políticas de inmigración; sufragando as carencias do goberno central, que inclúen as actuacións con entidades locais.

Neste punto, no caso concreto da cidade de Vigo, dos 40.000 euros en que debería ver diminuido o convenio que atende á Oficina, debido á drástica reducción do executivo central, a Xunta implementará a partida destinada a tal fin.

1918 lecturas