49 mozos chilenos do programa "Viaje cultural juvenil a España" visitan Galicia

Dentre eles, sete son descendentes directos de galegos.

Listen to this page using ReadSpeaker

De idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos, todos pertencen á Asociación cultural e deportiva Estadio Español de las Condes de Santiago de Chile.

49 mozos chilenos, de entre 16 e 18 anos, da Asociación Estadio Español de las Condes de Santiago de Chile visitan Galicia no marco da VIII edición do programa Viaje Cultural Juvenil a España e que os levou a coñecer varias comunidades autónomas- Andalucía, Asturias ou Madrid-. O case medio centenar de mozos foron recibidos polo subdirector de Comunidades Galegas, Andrés Castro, e mailo subdirector de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración na súa visita institucional á Xunta de Galicia. Dos 49, sete son descendentes directos de galegos.

1606 lecturas