O Xacobeo ofrece en Vigo 7 grandes concertos do seu programa clásico

A Royal Philharmonic Orchestra é un dos nomes máis destacados.

Listen to this page using ReadSpeaker

Despois de que Caixanova presentara a súa programación cultural para o primeiro semestre do ano, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo acudiu a Vigo para volver a anunciar algunhas das actuacións xa coñecidas e añadir aportacións do programa de música clásica do Xacobeo.

Despois de que a Royal Philharmonic Orchestra abrira o Ano Santo en Vigo, podese afirmar, tal e como o fixo Ignacio Santos, director do Xacobeo, que «o Xacobeo Classic é a programación musical máis ambiciosa de cantas se teñen desenvolvido ata o de agora, con carácter xeral en Galicia, no ámbito da música clásica». Ata decembro deste ano, a cidade viguesa acollerá sete grandes actuacións, ás que hai que engadir outras catro que se desenvolverán en outras localidades da provincia.

Un debut en Galicia
O director do festival, César Wonenburger, destacou que o programa Xacobeo Classic é a primeira vez que chega a Vigo, nun intento por deslocalizalas celebracións xacobeas. O crítico musical destacou a gran calidade da programación e resaltou o retorno a Vigo, «treinta años después», do barítono Leo Nucci, así como o debut en Galicia da mezzosoprano Dolora Zajick.

Todas estas actuacións desenvolveranse no Centro Cultural Caixanova, colaborador do Xacobeo neste Ano Santo. A sección dedicada ás grandes orquestas completase coa presencia da Academy os Saint Martin in the Fields, que ofrecerá obras de Beethoven e Haydn; e con Gabrieli Consort and Players, dirixido por Paul McCreesh, que interpretará El Mesías, de Handel.

As entradas para todas estas actuacións pondránse á venta nos próximos días a través da web de Caixanova. En Santiago de Compostela desenvolveranse trece grandes actuacións, entre as que destaca o virtuoso pianista chino Lang Lang, mentras que A Coruña acollerá oito actuacións.

1551 lecturas