A Xunta garante o seu compromiso co mantemento das oficinas municipais de atención ao inmigrante
Equipará as contías de tódolos convenios, que ascenderán a 60.000 euros para cada unha das sete grandes cidades galegas, onde se ubican as oficinas.
As oficinas de atención ao colectivo inmigrante están financiadas polo Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais; e que se verá recortado nun 50% neste 2010.
Ante esta situación a Xunta decidiu incrementar a súa aportación para actuacións con entidades locais en máis do 30% con respecto a 2009, destinando para elo fondos propios.
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, vén de anunciar o compromiso da Xunta de “redobrar esforzos” na tarefa de asesoramento e información ao inmigrante que desenrolan as oficinas municipais destinadas ao colectivo nas sete grandes cidades de Galicia.
Malia o recorte nun 50% Fondo para a Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Inmigración, do que dependen as oficinas de atención, a Secretaría Xeral da Emigración decidiu incrementar a súa aportación para actuacións coas entidades locais en máis dun 30% con respecto a 2009, destinando para elo fondos propios.
Así, a Xunta equiparará as contías conveniadas cos concellos e destinadas ao funcionamento das oficinas, que ascende para este 2010 a 60.000 euros, polo que a reducción no total finalmente será “pouco significativa” e suporá unha diminución do 6%, aclaraba en rolda de prensa o responsable de Emigración, Santiago Camba.
Novas relacionadas