A delegación da Xunta en Vigo alberga a presentación do novo proxecto empresarial "Con Vigo si", froito do asesoramento en creación de empresas da Fundación Galicia Emigración
A finalidade do novo negocio é estimular o consumo entre a cidadanía e incrementar as vendas dos establecementos comerciais adheridos a través do uso das novas tecnoloxías.
A finalidade do novo negocio é estimular o consumo entre a cidadanía e incrementar as vendas dos establecementos comerciais adheridos a través do uso das novas tecnoloxías, das estratexias de venda e marketing e dun sistema de publicidade con promocións mensuais dos seus clientes.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o secretario xeral da Emigración, José Santiago Camba, participaron hoxe na presentación do novo proxecto empresarial, ideado pola emprendendora de procedencia mexicana, Josefina Espadas.
A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, xunto ao director xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castealo Bragaña, no trasncurso da presentación dun novo proxecto empresarial asesorado pola FGE.
A Fundación Galicia Emigración apadriña así o novo negocio, fomentando o espíritu e as ideas empresariais dos emigrantes retornados e inmigrantes.
Vigo, 25 de febreiro de 2010.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o director xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, participaron esta tarde na presentación do novo proxecto empresarial “Con Vigo Sí”, un novo negocio que nace na cidade olívica froito do asesoramento en creación e consolidación de empresas da Fundación Galicia Emigración, entidade autónoma que fai especial fincapé, para asegurar o éxito do asesoramento, na canalización do acceso ao financiamento, prestando asesoramento e asistencia para acceder á liñas de microcrédito.
A directora xerente do novo negocio “Con Vigo Sí” é Josefina Espadas, unha nova emprendedora de procedencia mexicana que, a través dos cursos de axuda e apoio da Fundación Galicia Emigración, ideou o proxecto. Así, recibiu asesoramento para o inicio de actividades empresariais en Galicia e se lle axudou a elaborar o plan de empresa analizando a súa viabilidade. Ademais, dende a fundación, tamén se lle facilitaron as ferramentas necesarias para a posta en marcha do seu negocio.
O proxecto nace co obxectivo de reducir os efectos da crise e xerar confianza no consumidor final. Para logralo, pretende estimular o consumo entre a cidadanía e incrementar as vendas dos establecementos comerciais adheridos a través do uso das novas tecnoloxías, das estratexias de venda e marketing e dun sistema de publicidade con promocións mensuais dos comercios en xeral. Josefina Espadas explicou que creou “un proxecto promocional innovador, feito á medida da cidade de Vigo, e conseguindo que o costo deste servizo promocional se reduza ata nun 90% para os nosos clientes”.
Con todo, e durante a presentación na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, que contou tamén coa de distintos representantes do mundo empresarial, comercial e hosteleiro da cidade, os representantes da Administración galega apostaron polos novos emprendedores que, aínda nunha época de crise, aproveitan as circunstancias para crear novos proxectos e negocios empresariais que, en definitiva, tamén fomentan o emprego. Neste caso concreto, “Con Vigo Sí” sae á rúa creando 12 novos empregos.
Ademais, tamén destacaron o traballo feito dende a Fundación Galicia Emigración, que ven apostando polo emprendemento como unha fórmula eficaz de retorno e, a través do asesoramento e dos seminarios para emprendedores en colaboración co BIC Galicia, propicia que os retornados e inmigrantes da comunidade galega atopen no autoemprego unha vía de integración social e laboral. Galicia Emigración realiza así un seguemento e un asesoramento personalizado que supón unha garantía e unha fórmula eficaz e real para a consecución dos obxectivos marcados polos usuarios.
Novas relacionadas