Emigración reforza o programa destinado ás axudas económicas individuais

O departamento dirixido por Santiago Camba vén de abrir o prazo de solicitude destas prestacións económicas directas dirixidas aos galegos residentes no exterior e en situación de precariedade.

A Secretaría Xeral da Emigración adica inicialmente este ano 2.350.000 euros ao programa.

A contía poderá completarse cunha adicional antes da finalización do exercicio, en función do número de axudas rexistradas e para cubrir tódolos casos de necesidade.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de marzo.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Secretaría Xeral da Emigración vén de abrir o prazo de solicitude das axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para este 2010. O programa ten como obxecto a concesión de prestacións de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galego que se atopen en situación de precariedade económica, cubrindo así necesidades básicas de subsistencia e en materia de atención sociosanitaria.

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia adica este ano 2.350.000 euros ao programa. Así mesmo, esta contía inicial poderá verse incrementada por outra adicional antes da finalización do exercicio, en función do número de axudas rexistradas e a fin de poder asistir tódolos casos de necesidade, baixo os supostos determinados.

Este incremento do creto quedará condicionado á dispoñibilidade de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo programa; como foi o caso do pasado ano no que Emigración habilitou 343.000 euros que sumou á contía de 2.300.000- asiagnados en 2009-.

Prioridade á atención socioasistencial e sanitaria
A Xunta de Galicia, en materia de emigración, establece como unha das súas áreas de actuación prioritaria unha asistencia sociosanitaria digna para todos os galegos e galegas residentes no exterior, mediante, entre outros, o programa de axudas asistenciais individuais, que contribúen a paliar a carencia de medios económicos para poder afrontar as necesidades básicas de subsistencia.

1724 lecturas