A FGE mellora a empregabilidade de inmigrantes e retornados con novas ideas de creación empresarial

O seminario de xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais, que tivo lugar en Ourense, forma parte dun amplo abano de accións formativas para a creación e consolidación de empresas alí onde se forma ao colectivo.

Nel analizouse como ofrecer aos potenciais emprendedores a oportunidade de desenvolver a súa idea de negocio. Estas accións de xeración e maduración de ideas queren axudar a obter negocios proveitosos e rendibles.

O ciclo de seminarios organizouse coa fin de xerar emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Fundación Galicia Emigración celebrou en Ourense o seminario de xeración, maduración e avaliación de ideais empresariais, no que participan unha vintena de alumnos.

A sesión formativa foi impartida por expertos en xeración e maduración de ideas empresariais para ofrecer aos potenciais emprendedores a oportunidade de desenrolar a súa idea de negocio; a fin de axudar a obter negocios proveitosos e rendibles.

Traballo para a avaliación da idea
Unha vez traballada a maduración de ideas, os asistentes obtiveron a información necesaria para unha valoración cualitativa da idea, para que poidan realizar a avaliación da idea de negocio, a viablilidade dos posibles proxectos e os recursos materiais e humanos para poñelos en marcha.

Co apoio destas iniciativas emprendedoras a Fundación Galicia Emigración busca mellorar o perfil do emprendedor- desde a súa polivalencia e empregabilidade- e a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas levadas a cabo por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial.

O ciclo de Seminarios para Emprendedores completarase con novos cursos orientados á formación e asesoramento para desenvolver o Plan de Empresa e levar a cabo, así, con éxito unha idea empresarial.

Os interesados haberán de dirixirse á Fundación Galicia Emigración:

Fundación Galicia Emigración

Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)

T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612

autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es

www.fundaciongaliciaemigracion.es

1787 lecturas